UN LIBRO CADA SEMANA
SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL
SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL
Kafka e
a boneca viaxeira, de Jordi Sierra I Fabra.
Ilustradora: Minia Regos. Tradución: Carmen Torres París. Editorial Galaxia.
Resumo da obra:
Kafka
era un escritor aínda sen descubrir que camiñaba enfermo polo parque de
Steglitz. Nun día fermoso e silencioso onde se respiraba ledicia, unha pequena
nena rompeu con aquel silencio cos seus prantos. Era unha nena pulcramente
vestida e cunhas primorosas trenzas, aquela nena choraba con toda a tristeza
coa que pode chorar unha nena. Kafka o primeiro que pensou foi que aquela
meniña perdera a súa nai, pero tendo en conta que non a coñecía e que non sabía
tratar con nenos dubidou en achegarse, ata que uns segundos máis tarde decidiu
achegarse. A nena non perdera a súa nai, nin caera nin se pelexara, senón que
perdera a súa moneca (Bríxida). Kafka, ao ver que non podía facer nada por
atopar a boneca, decidiu inventar unha historia, unha historia chea de
imaxinación, chea de ledicia de vivir e sobre todo, chea de inocencia infantil.
Kafka decidiu facer o traballo dun carteiro de bonecas. Que é un carteiro de
bonecas? Pois un carteiro de bonecas é unha persoa á quen as bonecas mandan
cartas para que as reciban as súas donas. Pero toda esta idea do Sr. Carteiro
de bonecas causará tres semanas de traballo por parte de Kafka escribindo
cartas de Bríxida en distintos países, como Francia, España, Italia... e tamén
causará tres semanas de amizade entre Elsi e o Carteiro de bonecas, que
rematará co namoramento e casamento de Bríxida cun explorador chamado “Gustav”
en Tanzania.
Comentario:
Pareceume un libro cheo de ledicia e inocencia
infantil, que che leva a pensar en que todos os nenos deste mundo queren crer
que necesitan crer, e que todos os nenos deberían ter un carteiro de bonecas
que cada día lle alegrasen o día para que todos os días fosen o mellor da vida
dun neno, nun mundo onde os sorrisos se perden por enfados entre xentes que
eles nin sequera coñecen.
Estudo do léxico:
Prestancia: excelencia, calidade.
Chunchar: espremer.
Languidez: abatimento, debilidade.
Limiar: entrada, soleira.
Chapeu: sombreiro.
Atribulado: aflixido.
Baluarte: protección, defensa.
Ana
Mª Orosa Bermúdez, 1º da ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario