domingo, 22 de decembro de 2019

Un vídeo cada semana...ou cada mes...Valentín Fuster


   Esta charla, no programa "Aprendemos juntos" de BBVA, en YouTube,  gustoume moito, porque ao ser un home de idade pode ter máis experiencia ca outros. Por exemplo, gustáronme varias frases: o corazón dá cantidade de vida e o cerebro calidade; dá igual a idade que teñas, saber o que podes aportar ao mundo é importante, o teu talento, aquilo no que es bo; debes aceptar quen es; dar é máis gratificante que recibir...Hai moitas máis reflexións, consellos que, aínda que o vídeo sexa longo, fan que compense porque ensina e, o máis importante, axuda, non a vivir  máis,  pero si mellor.
                                          Juan Pardo Lage.  Bacharelato Adultos. 

domingo, 1 de decembro de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes..."Estraños nun tren"

  

   No tren, dous pasaxeiros que non se coñecen. Dous pasaxeiros coma outros tantos. Non se viran antes, accidentalmente empezan a falar das súas vidas, e un propón ao outro un dobre asasinato, intercambiando as vítimas; así, cada un podería resolver os seus problemas...
   A película é inquietante, describe con frialdade un tema moi presente na nosa sociedade: o asasinato. Podemos ver un gran manexo da psicoloxía dos personaxes, especialmente da de Bruno, e podemos percibir sentimentos como a desesperación, o acoso, o anoxo, a frustración...Ten grandes momentos que poden xerar tensión e grandes expectativas, aínda  que esvaecen rapidamente.
    En conclusión, é bastante entretida, e, ademais, hoxe non se ve moito este tipo de películas.
                            Gema Conde e Romina Furtado, ESA 3. Adultos.

venres, 1 de novembro de 2019

Un libro cada semana..ou cada mes..."A raíña vermella"

 
 
 
      Esta novela está ambientada nun reino imaxinario, onde a sociedade está dividida pola cor do sangue. O vermello, que ten o pobo, a xente común, e o da prata, aqueles que teñen habilidades sobrenaturais e forman unha elite cerrada e chea de privilexios.
       A protagonista é Mare, unha moza de sangue vermello que sobrevive no medio da pobreza, ata que o azar a leva á Corte.  Alí descóbrese  que ten poderes especiais, algo inusual para alguén do pobo. Isto chama a atención do rei, que desexa aproveitar no seu beneficio os poderes da moza, convertíndoa así nunha princesa que casará cun dos seus fillos. Así, Mare pasa a formar parte do mundo de prata e axuda en segredo á Guarda Escarlata, un grupo composto por persoas con sangue vermello que prepara unha revolución. 
        É un libro que me chamou a atención e, aínda que nun principio pensei que sería como outras novelas escritas co mesmo padrón, cando o les, ves detalles e personaxes que a converten nunha novela única, aínda que o padrón é que a protagonista é unha rapaza que ten algo que a fai especial.
        É  unha historia que me pillou desde o principio, comenzando pola protagonista, coa que me identifiquei en varios momentos. Fíxoseme curto o libro porque se le moi rápido se desde o comezo che gusta, porque a medida que avanza a historia queres saber o que vai pasar despois, o que fai difícil deixar de ler ata chegar ao final.
                                                                   
 
                                  Laura Lombardero Gestal. 1º Bacharelato Adultos.

martes, 1 de outubro de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes..."A ponte sobre o río Kwai"

 
 

   A historia ten lugar en Siam,Tailandia, en 1943. Centos de prisioneiros de guerra británicos están a traballar    no chamado "Ferrocarril da morte", cando ten lugar unha discusión entre o coronel xaponés Saito e o británico Nicholson, que non está disposto a que os seus oficiais constrúan unha ponte sobre o río Kwai. Pero o cruel trato que reciben de Saito obrígaos a aceptar. A partir dun momento, este asunto convírtese nunha obsesión e unha cuestión de amor propio para Nicholson. Mentres tanto, o estado xeral británico dálle orde a un comando especial para voar a ponte.
   Trátase dunha das películas máis fermosas da historia do cine de guerra, na que se propón unha disección do espírito militar británico a través dunha situación na que a obcecación se leva ás súas últimas consecuencias.
   Persoalmente, como fan do cine de guerra, gústame  moito, pola impecable recreación das localizacións  e  as caracterizacións dos bandos xaponés e británico.
                         
                                                     Luis Alfredo Sánchez Capcha. 1ª A Bacharelato Adultos.
 
 
 

venres, 20 de setembro de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes..."A bela e a besta"




   Esta película é moi interesante porque se divide en dúas partes. Na primeira pódense reflectir as diferenzas sociais desa época, século XVII. O príncipe é egoísta, tiránico e cínico; perdeu a fortuna, parte da cara e a súa amada nun lume no seu castelo e levou á súa xente á ruína total.  Bella chega ao Castelo; é unha muller nova que vai traballar para pagar a débeda do seu pai.
   Na segunda parte, o protagonista masculino dáse conta de que os seus prexuízos  velan o seu amor por Bella, un romance que terá que superar continuas ameazas  e inimigos. Amor e traizón, coraxe e sacrificio, aventura e misterio conviven nesta película.
   Unha película moi entretida que recomendo totalmente para ver calquera día da semana.
 
                                                       Ann González. 1ª Bacharelato A. Adultos.

martes, 3 de setembro de 2019

Unha serie cada semana...ou cada mes... "London Spy"

 
 
   É unha serie non moi longa, na que podes ver frustración, drama, intriga e misterio. Empeza cunha relación amorosa e repentina entre Alex e Danny; un será paixón e o outro pudor e timidez, xa que un deles será infectado coa SIDA e o outro morrerá, recaendo a culpa sobre o supervivente.
    É unha serie interesante, na que se ve como Álex creará algo con terribles consecuencias na súa vida, e que na realidade, fóra da ficción  da serie, tamén as tería.
                                                              Juan Pardo Lage, 1º Bacharelato Adultos. 

martes, 27 de agosto de 2019

Un poema cada semana...ou cada mes..."O corvo", de Edgar Allan Poe

 
     The Raven (O Corvo) é un poema gótico do escritor estadounidense Edgar Allan Poe (1809-1849). Conta a misteriosa visita dun corvo falante á casa dun amante aflixido, pero sobre todo, o descenso progresivo deste último cara á tolemia. O amante, que a miúdo  é identificado cun estudante, chora tristemente a perda da súa amada, chamada Leonora.
  O verdadeiro núcleo de O Corvo é o conflito entre  lembrar e esquecer, máis precisamente entre o desexo de lembrar a alguén que xa non está e o desexo de esquecelo para sempre.
   Fronte a todas as preguntas do protagonista, o corvo responde inexorablemente:"Nunca máis". Nun determinado momento, o protagonista asume que "Nunca máis" é o único que o paxaro sabe dicir. A partir de aí, formúlanse todas as preguntas  posteriores sabendo con antelación cal será a resposta.
 Con este gran toque, Edgar Allan Poe suxire que a verdadeira intención do narrador é profundar deliberadamente no sentido da perda.
  Esta é unha das obras máis recoñecidas do autor, un gran poema na estela  do romanticismo e da ciencia ficción, do que o autor é pai, así como do terror psicolóxico. Consegue envolverte nun sentimento de dor e angustia, de pena e desacougo...Con só uns versos, Poe é capaz de levarte ao seu terreo imaxinario de medo e desesperación e de xogar coa túa mente.
                                          Maite García Boga, 1º Bacharelato Adultos.

martes, 13 de agosto de 2019

Un vídeo cada semana...ou cada mes..."Leccións de vida dun espírito indomable"

 
  
  Esta charla, que podedes ver no programa "Aprendemos juntos" do BBVA en YouTube, protagonizada pola primatóloga Jane Goodall, fala de  temas como os primates, o involucrados que están os nenos e os mozos co medioambiente, a infancia, o consumo de carne...tamén que todos podemos conseguir os nosos soños, por moi utópicos que nos parezan, como ela mesma cumpriu os seus. As súas investigacións revolucionaron a comunidade científica e fascinaron ao mundo enteiro. 
Goodall invítanos a reflexionar sobre nós mesmos, sobre como promover un estilo de vida máis sostible e construír unha sociedade máis xusta.
                                                        
                                              Juan Pardo Lage. Bacharelato Adultos.

martes, 6 de agosto de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes... "O gran showman"



  Esta  marabillosa película musical, na que podemos desfrutar das actuacións de Hugh Jackman, Zac Efron, Zendaya e Michelle Williams entre outros, cóntanos a historia de P.T. Barnum, un home de negocios que, un bo día, decide crear un circo novo en América, onde actúa xente con moito talento, mais fóra do común, como por exemplo unha muller barbuda, un home con ananismo ou uns irmáns siameses (a acción ocorre no século XIX). Para acadar o éxito, P.T terá que enfrontarse a varios obstáculos.
  Amósasenos como a sociedade rexeita o diferente;  aínda que a película está baseada na auténtica historia de Phineas Taylor Barnum, non é  moi fiel á realidade; con todo, a obra é sublime, os números musicais son impresionantes e a historia, emocionante.
  Por poñerlle un pero, creo que a película debería centrarse máis na historia e un pouco menos na música, pero isto non a fai menos interesante.
  Non poderedes separar a vista da pantalla nin un minuto.
 Unha película moi entretida que recomendo totalmente para ver esta fin de semana.
 
                                         Azahara Argibay Gallego, 1º Bacharelato Adultos.

martes, 30 de xullo de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes..."Denial"





   Esta película é moi interesante porque nela  se desenvolve unha loita entre un negacionista, antisemita, pro-hitleriano e historiador, e unha xudía historiadora. Todo comeza cunha charla da historiadora, falando do seu libro sobre o Holocausto, cando,  de súpeto,  o historiador interrompe, disente e tenta apoderarse da charla porque ela fala del no seu libro.
   Creo que a película é moi interesante para a xente a quen lle gusta a historia; é moi fácil "traspasar" a película e poñerse no lugar da protagonista, sentir a frustración, a súa loita...Vívese a tensión e tristeza en primeira persoa. E o mellor é que está baseada en feitos reais.
                                                              Juan Pardo Lage, 1º Bacharelato Adultos.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

martes, 23 de xullo de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes..."Un monstruo viene a verme"

 


   A película conta a historia dun neno de doce anos, Connor, que, tras a separación dos seus pais e a enfermidade da súa nai, ten que coller as rendas da casa. Para superar as fobias e medos que padece e o acoso escolar que sofre, recorre a un mundo de fantasía e crea un monstro, que é unha vella árbore que observa a través da xanela. E é este monstro, que non espanta senón que desborda sabedoría e reflexión, quen o axudará a enfrontarse á dor, á verdade, e todo iso vaino facer madurar...
  Na película retrátase a evolución do protagonista; aparecen grandes vínculos entre as persoas, como a preocupación dun fillo pola súa nai, aínda que non llo mostre, ademais do terror e a incerteza ante a súa perda . Tamén se mostran a soidade e a indiferenza que mostran os seus profesores e compañeiros de clase. A posta en escena consegue que sintamos como propia a vivencia do personaxe.
  En resumo, o director consegue emocionarnos situando a historia desde os ollos dun neno de doce anos, sensible, cos problemas que pode ter calquera neno da súa idade, especialmente na contorna escolar, e que debe enfrontarse demasiado cedo a situacións dolorosas. En realidade, aínda que o título e as imaxes fan pensar nunha película de terror, non é así e a película mostra temas moi actuais.
                                   Aarón Lorenzo Fraga, 1º Bacharelato Adultos.

domingo, 14 de xullo de 2019

Un libro cada semana...ou cada mes..."A biblia negra"


   É un libro moi longo que presenta diferentes épocas en que o libro cambia de mans, levando consigo sempre a morte ou a desgraza. Ttátase dunha obra moi antiga, de alquimia, ciencia que trata de transformar os metais viles en ouro...Conta, por exemplo,  como un  cóengo é condenado pola Inquisición por demostrar, ante o rei Fernando e a raíña Isabel, a súa utilidade e eficacia.
   O libro chega até o século XIX, mediados, anos 60 ou 70, en que se perderá a propósito para non provocar máis sufrimentos e danos. É interesante xa que atravesa distintas épocas, presenta misterios, mortes, tramas... Aínda que é extenso, tes ganas de lelo rapidamente, paréceme "aditivo", e iso que non son un gran lector...
   Finalizo lembrando que o autor , ademais deste, ten libros históricos moi interesantes.
                                                               Juan Pardo Lage, 1º Bacharelato Adultos.


domingo, 7 de xullo de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes..."V de vendetta, a película"



  É unha adaptación ao cinema   da novela gráfica de Alan Moore e David Lloyd, na que se dá vida aos personaxes de V, interpretado  este por Hugo Weaving e Evey, interpretada por Natalie Portman.
   Plantéxanos a historia dun futuro ficticio, onde Inglaterra é un estado fascista e totalitario. Evey, unha moza de clase obreira, é rescatada por V, un misterioso home con máscara que busca a destrución do goberno cruel e corrupto e a liberdade do pobo, condenado á corrupción e crueldade dos seus  líderes. Ademais, V busca vinganza e contará coa axuda de Evey e ambos levarán a cabo un plan para iluminar a chama dunha revolución.
   A obre ten un claro carácter social, e reflicte o que podería pasar calquera día no mundo, cun toque serio e dramático, nunha imaxinaria  Gran Bretaña de clases altas e barrios marxinais.  Isto, sumado á magnífica banda sonora e o misterio do personaxe principal, fai desta película unha verdadeira obra mestra para aqueles aos que lles guste que o cine os faga reflexionar e que trate temas serios ou políticos cun desenvolvemento máis áxil que no cine histórico.
                                            Maite García Boga. 1º Bacharelato Adultos.
    


domingo, 30 de xuño de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes..."Nannerl, a irmá de Mozart"




   É unha película baseada en feitos reais, e conta a vida da irmá de Mozart, Nannerl, quen non tivo tanto protagonismo como seu irmán, aínda sendo tan virtuosa coma el, e todo, por ser muller.
   Nannerl non tivo unha vida fácil, nin un pai fácil, e aínda por riba tivo encontros con Luís XV, quen  acabou rexeitándoa por levalo ao pecado e á luxuria. Acabou pobre, cega e recompilando as obras do seu irmán.
   É interesante porque, ao ser unha película histórica, entreteste mentres aprendes;  presenta o machismo da época, e as virtuosas perdidas por ser mulleres.
   Gustoume moito a música,  o vestiario e a ambientación.
É moi fácil poñerse na pel da protagonista, embárgate a súa inocencia, o seu pudor, a dozura e as ganas de vivir, de crecer... Tanto a película como a época que presenta son fascinantes.
                                                         Juan Pardo Lage, 1º Bacharelato Adultos.


domingo, 23 de xuño de 2019

Un libro cada semana...ou cada mes..."Alas de fuego".



   A historia xira en torno a Ahriel, un anxo que foi enviado para coidar, protexer e guiar a Marla, a xoven raíña dunha gran nación. Pero Ahriel é traizoada ao descubrir unha conspiración e é enviada coas ás inutilizadas a Gorlian, unha espantosa prisión da que ninguén logrou saír xamais.
   No libro dise...Ahriel deberá aprender non só a sobrevivir, senón tamén a ver as cousas desde o punto de vista humano...pegada ao chan.
   O libro encantoume.É unha historia de superación e cambio, posto que Ahriel sofre un gran cambio na súa maneira de ser polas cousas que lle pasan. Recoméndovos que o leades, pois, ademais de estar ben a historia, é un libro moi curto que non obriga a ler a seguinte parte, algo máis extensa.
                                                        Débora Ferro   Bello, 1º Bacharelato Adultos.


domingo, 16 de xuño de 2019

Un libro cada semana...ou cada mes..."Entrevista co vampiro"


   -Pero canta cinta ten?- o vampiro preguntou e virou para que o rapaz puidese verlle o perfil.- Suficiente para a historia dunha vida?
    -Por suposto, se é unha boa vida. Ás veces entrevisto até tres ou catro persoas nunha noite se teño sorte. Pero ten que ser unha boa historia. Iso é xusto, non cre?  
    - Moi xusto.- dixo o vampiro.-Gustaríame contarlle a historia da miña vida. Gustaríame moito.
 
   Así comeza este libro, no que se xoga con temas profundos; plantéxase a idea da inmortalidade, soño de moitos, coa contraposición de don divino e castigo maldito. Tamén se xoga co significado do amor, a moralidade e o binomio vida/morte. Sen embargo,  no que máis profundiza é no existencialismo e na condición humana desde o punto de vista decadente do gótico e do romanticismo, creando un ambiente envolvente e ás veces agobiante.
   Entrevista co vampiro céntrase en Louis de Pointe du Lac, un vampiro de Nova Orleans que a través dunha longa entrevista cun reporteiro sen nome, conta a historia da súa vida, desde como se converteu en vampiro até como cambiou, a causa de vivir co seu "creador" e coller cariño a unha  das súas vítimas, unha rapaza de tan só cinco anos. 
   É un libro ben estruturado, cunha boa ambientación, descricións detalladas para facerche ver e sentir o que aos personaxes lles acontece, reflexións morais desde a controversia e a depravación que representa a figura do vampiro, e personaxes complexos cunha gran  evolución psicolóxica.
   En definitiva, un gran libro sobre o ocultismo e a filosofía moral.
 
                                                       Maite García Boga. 1º Bacharelato Adultos.

domingo, 9 de xuño de 2019

Rita Levi Montalcini. Investigación (Lengua castellana).

 


Un filme cada semana...ou cada mes... "Estraños nun tren".

 
 
     Un famoso tenista montou nun tren, camiño a pedirlle o divorcio á súa muller, cando un estraño (Bruno, alcohólico e con problemas psicolóxicos) lle fixo unha proposición que lle ía dar moitos problemas, un crime case perfecto...
     A película resultou  moi entretida  e intrigante para unha de nós, , un pouco parada para a outra. Gustounos vela, aínda que é de 1951  e en branco e negro. O guión está moi ben, o final foi inesperado e os actores eran moi bos. É interesante ver como as mentes criminais existiron sempre, ao igual que o alcoholismo, problemas que temos tamén hoxe.
 
                                                         Juliana Hussein e Estela García. 2º ESA.

domingo, 2 de xuño de 2019

Ada Lovelace. Investigación (Lengua castellana)

 

Tu Youyou. Investigación (Lengua castellana)


Un filme cada semana...ou cada mes..."Os odiosos oito"



   Nesta película do gran cineasta Quentin Tarantino, nárranse unha serie de sucesos entre varios cazarrecompensas que están a levar un asasino á vila de Red Rock. Durante as primeiras escenas pódese ver o interese persoal por conseguir, vivo ou morto, o individuo. Debido a unha grande nevada, deciden acudir ao refuxio dunha vella amiga; alí atopan outros tipos, que parecen estar máis interesados pola recompensa, pero non se presentan como tales...
   Penso que a trama do filme é impecábel;  a produción, o coidado do son, o vestiario e os actores son asombrosos. A moralexa final é que non te podes fiar de ninguén, xa que os intereses humanos fan todo o posible por conseguir algo.
                                                             Alexander Dörr Caballero, 3º ESA.


domingo, 26 de maio de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes..."Atlantis, o imperio perdido"




   Todos coñecemos a lenda da Atlántida, unha enorme illa cunha civilización moi avanzada que, nun día e unha noite terribles, desaparece para sempre nas profundidades do mar.
   Milo Thatch, un cartógrafo que traballa nun museo, está obsesionado con esta historia e quere amosar ao mundo, como xa o intentara o seu avó antes de morrer, que a Atlántida é máis que un mito.
   Desgraciadamente, esta película é unha desas xoias ocultas que moitos infravaloran, e non moita xente coñece, aínda que pertence á factoría Disney. Permitiunos ver  unha princesa negra uns cantos anos antes da chegada de Tiana e o sapo, ademais doutros personaxes negros non estereotipados e unha marabillosa muller latina. Tamén merece ser destacado o papel das mulleres na película, porque as personaxes femininas rompen moldes, deixándonos ver unha muller que se move coma un peixe na auga entre motores, ou unha princesa á que ninguén lle impón un matrimonio e que goberna a súa propia vida.
   Milo, o protagonista, (con permiso da princesa Kida) non é tampouco o tipo de heroe ao que estamos afeitos: non é guapo, atlético, exitoso, nin ten cartos. Mais a súa intelixencia, a súa bondade e o eu tesón fan que sexa igual de valioso que outros,  ou mesmo máis.
  Que non teña cancións é, segundo a miña opinión, algo bo, xa que a fai máis dinámica.
  Unha historia apaixonante, que fai que só teñas ganas de vela tomando patacas fritidas (ou algo máis san) e que non merece seguir no olvido.
   Anímovos a vela. Non vos arrepentiredes!
                                                    Azahara Argibay Gallego. 1º Bacharelato Adultos.

martes, 21 de maio de 2019

Ciencia en feminino: "Mª José Alonso Fernández"

Traballo feito pola alumna Sara Hernández Varela, de 3º da ESO.


Ciencia en feminino: "Clara Grima"

Traballo feito pola alumna Paula Martínez Gómez, de 3º da ESO.



Ciencia en feminino: " Margarita Salas"

Traballos feitos polas alumnas Laura Villa Latas e Inés Figueiras, de 3º de ESO.




Patricia Bath. Investigación (Lengua castellana)

Valentina Tereshkova. Investigación /Lengua castellana)


Dorothy Crowfoot. Investigación (Lengua castellana)

Jane Goodall. Investigación (Lengua castellana)

domingo, 19 de maio de 2019

Un cómic cada semana...ou cada mes..."Aya de Yopougon"



   Trátase dunha obra moi interesante, non só polo formato, senón polo xogo cos puntos de vista que a autora aporta ao crear as historias de distintas familias con mentalidades moi distintas. Trata sobre a vida en África e as diferenzas entre as novas e as vellas xeracións, o conflito entre  costumes. Aínda que se desenvolve nos anos 70 do século XX, resulta moi actual, e conta cousas que pasan non só en África senón en todas partes.
 Os personaxes pasan por diferentes situacións, fáciles ou difíciles, que intentan resolver como poden, porque non poden pedir consello  aos seus familiares, quizais a algún amigo...pero acaban tomando decisións totalmente sós.
  Debo dicir que me gustou tanto que até que rematei case non parei de lelo.
 
                                        Juan Pardo Lage. 1ª Bacharelato Adultos. 


xoves, 16 de maio de 2019

Rita Levi-Montalcini. Investigación (Lengua castellana)

 

Valentina Tereshkova. Investigación (Lengua castellana)

 

Letras Galegas 2019, outra biografía


Antón Fraguas neceu o 18 de decembro de 1905 en Isuela, na parroquia de Loureiro e faleceu en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999. El foi un destacado historiados, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista.
Antonio Fragoas foi fillo de Manuel Fraguas Rodríguez, un canteiro solteiro que marchou a Brasil puco antes de nacer o neno, e de Teresa Fraguas Vázquez, filla tamén dun canteiro. Foi á escola publica da parroquia, no lugar da Costa. O pai volveu de América en 1912, casou coa nai e recoñeceu o fillo o 7 de agosto dese ano. En 1918 os pais tiñan decidido volver migrar ó Brasil, pero refusaron a idea pola intervención den mestre que tiña escola en Famelga, na que o rapaz ingresou, e que vía no neno capacidades para facer Maxisterio.
  Estudou bacharelato de 1919 a 1924 no Instituto de Pontevedra, onde foi alumno, entre outros, de Antón Losada Diéguez que influíu nel e o converteu ao galeguismo. No ano 1923, con 18 anos, fundou con outros compañeiros a Sociedade da Lingua, co obxectivo de loitar na defensa do galego e publicar un dicionario, que non chegou a saír á luz. A sua primerira oratoria en público foi para presentar o agrarista Joaquín Núñez de Couto, e falou contra dos caciques.

A partir de 1924 fixo a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Compostela e máis tarde ingresou nas Irmandades da Fala e comezou a colaborar co Seminario de Estudos Galegos, no que foi admitido como membro en 1928. Dentro do Seminario, unha bolsa da Junta para Ampliacion de Estudios permitiulle participar na catagolación dos castros da zona de Lalín e iniciou o estudo da xeografía hostórica de Galicia. Tamén foi bibliotecario da institución, dedicándose a facer fichas da bibliografiá galega, e participou na formacion do Museo Etnográfico de Seminario instalado no Colexio de Foseca. Licenciouse en 1928. En 1929 iniciose na docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, onde exerceu como profesor auxiliar ata 1933.
Foi un dos primeiros en usar o galego na radio ó intervir varias veces na Radio Galega en 1932. O 16 de xullo dese mesmo ano casou en Valga con Teresa Martínez Magariños (1903-1996), coa que nunca chegaría a ter fillos. Foi profesor do instituto da Estrada desde 1933 ata comenzo da guerra civil. En xullo de 1936 apareceu o primeiro e único número da La Voz de Cotobade baixo a súa dirección.
Antes da sua xubilación, Antón Fraguas pediu traslado a Santiago de Compostela onde exerceu a docencia e foi xefe de estudos ata 1975.
 Antón Fraguas faleceu no Hospital Clínico de Santiago o 5 de novembro de 1999 por unha doenza cardíaca.
Traballo feito por Karen Paredes Franco, Bacharelato Adultos

mércores, 15 de maio de 2019

Letras galegas 2019


Letras galegas

O homenaxeado de este ano 2019 é Antón Fraguas, intelectual do século XX, que con 18 anos foi un dos fundadores da sociedade da lingua en Pontevedra, co obxetivo de promover o galego. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario.

Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía.
A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

 Traballo feito por Juan Pardo, alumno de 1º Bacharelato Adultos