É unha adaptación ao cinema da novela gráfica de Alan Moore e David Lloyd, na que se dá vida aos personaxes de V, interpretado este por Hugo Weaving e Evey, interpretada por Natalie Portman.
Plantéxanos a historia dun futuro ficticio, onde Inglaterra é un estado fascista e totalitario. Evey, unha moza de clase obreira, é rescatada por V, un misterioso home con máscara que busca a destrución do goberno cruel e corrupto e a liberdade do pobo, condenado á corrupción e crueldade dos seus líderes. Ademais, V busca vinganza e contará coa axuda de Evey e ambos levarán a cabo un plan para iluminar a chama dunha revolución.
A obre ten un claro carácter social, e reflicte o que podería pasar calquera día no mundo, cun toque serio e dramático, nunha imaxinaria Gran Bretaña de clases altas e barrios marxinais. Isto, sumado á magnífica banda sonora e o misterio do personaxe principal, fai desta película unha verdadeira obra mestra para aqueles aos que lles guste que o cine os faga reflexionar e que trate temas serios ou políticos cun desenvolvemento máis áxil que no cine histórico.
Maite García Boga. 1º Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario