luns, 28 de xaneiro de 2019

Encontro con... Emilio Pascual

O pasado mércores 23 de xaneiro recebimos a visita do escritor e especialista no Quixote Emilio Pascual. Como autor charlou durante duas horas co alumnado de 4º de ESO sobre a novela lida na primeira avaliación Días de Reyes Magos unha obra sobre os libros e a lectura como táboa de salvamento na sempre difícil etapa da adolescencia.

Na seguinte sesión tamén de duas horas,  Emilio Pascual falou da obra de Cervantes para o alumnado de 1º de Bacharelato. A interpretación que fai da obra e seu apaixoado e ameno  relato resultan  imprescindibles para o achegamento do Quixote a calquera lector.







sábado, 26 de xaneiro de 2019

Un libro cada semana...ou cada mes..."El Conde Lucanor".

 

  El Conde Lucanor é a obra máis destacada de don Juan Manuel. Escribiuse a principios do século XIV;  a prosa castelá adquire madureza grazas a este autor.
  O libro, tamén chamado Libro de Petronio, reúne una colección de "exemplos", ou contos, nos que se combinan ensinanza e entretemento. En todos os contos subxace unha preocupación común: como manter e aumentar o prestixio, o diñeiro e a posición social.
  Cada conto segue o mesmo esquema narrativo: o Conde Lucanor consulta un problema e pide axuda ao seu conselleiro, Patronio. Este explícalle un caso para que   o conde aplique o consello e solucione a dificultade; ao final, don Juan Manuel inclúese na obra e escribe uns versos, a xeito de "moraleja". 
  Considero que é una obra magnífica para coñecer un dos clásicos da literatura española. Grazas á súa lectura aprendín como é a prosa medieval; ademais, vin que o conto é o xénero que mellor se adapta á  súa tendencia didáctica .
                                                          Emilio Alvarado Ordóñez. 3ºESA.
                                                       

martes, 1 de xaneiro de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes..."Figuras ocultas"

   Nesta película, ambientada nos anos 60, en USA, imos ver exemplos de superación, baseados en feitos reais. Trata sobre as calculadoras, unhas mulleres negras que traballan na NASA facendo cálculos matemáticos para axudar ao home a  chegar ao espazo.
   Estas mulleres traballan e viven en condicións moi duras, pola época na que viven, e aínda así chegan a ser as primeiras en traballos que permiten saír ao espazo. E no só teñen problemas laborais, senón discriminacións dos brancos, tales como cafeteiras, tazas, baños,salas, bibliotecas, parte de atrás dos autobuses...e mesmo que un home negro se sorprenda de que un traballo tan importante o faga unha muller.
   Paréceme admirable a forza, a superación e que, pese a todo,  sorrían; é incrible, porque non só teñen que ir ao traballo, senón tamén unha familia da que coidar.
   Só podo admirar a súa forza e dicir: grazas por ensinarnos que, aínda que o camiño é duro, todo se pode conseguir, sen importar as circunstancias.
 
                              Juan Pardo Lage. 1º Bacharelato Adultos.