Nesta película do gran cineasta Quentin Tarantino, nárranse unha serie de sucesos entre varios cazarrecompensas que están a levar un asasino á vila de Red Rock. Durante as primeiras escenas pódese ver o interese persoal por conseguir, vivo ou morto, o individuo. Debido a unha grande nevada, deciden acudir ao refuxio dunha vella amiga; alí atopan outros tipos, que parecen estar máis interesados pola recompensa, pero non se presentan como tales...
Penso que a trama do filme é impecábel; a produción, o coidado do son, o vestiario e os actores son asombrosos. A moralexa final é que non te podes fiar de ninguén, xa que os intereses humanos fan todo o posible por conseguir algo.
Alexander Dörr Caballero, 3º ESA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario