xoves, 30 de abril de 2020

Comparto con vós...o meu confinamento.




O día que decretaron o estado de alarma,  ao principio non pensaba que fose  nada grave , non sei por que , quizais porque foi algo que nunca se vira .Nos primeiros dias sentíame  como se fosen unhas vacacións nas que non se podía saír,  nas que me preocupaba como pasar os días e que duraría unhas semanas sen poder sair  ata volver ás clases.   Pero a día de hoxe, tras seis semanas de confinamento e despois de todo o que pasou e pasa , xa non sei moi ben que pensar, entristéceme todas as persoas que xa non están e os que están a pagar as consecuencias do virus .Pero grazas á actitude de todos , quitando, como sempre, os que fan o que queren , dentro de moi puco comezaremos o desconfinamento pouco a pouco, e isto faime optimista e pensar que mereceu a pena o esforzo de todos e todas.
                                                Maite Aldecoa, 1º Bacharelato Adultos.

mércores, 29 de abril de 2020

Comparto con vós...o meu confinamento.



   Como levo eu o confinamento? Pois vou por días. A maior parte dos días o levo con moito agobio porque, aínda que teña xardín para poder saír un anaco dun sitio pechado, sexa a miña habitación, o salón ou outra parte da casa, non me alivia de todo porque non é o mesmo saír ao xardín que saír á rúa por ter algún plan cos amigos ou saír a traballar, ou ás clases. Hai outros días que o levo mellor, ao ter un novo libro que ler, saír á terraza tomar o sol ou facer outra cosa que non sexa estudar ou ver a televisión.
                                                                                 Pablo Miñambres-López Perea, 1º Bacharelato Adultos.


luns, 27 de abril de 2020

Comparto con vós...o meu confinamento.

 

   A maioría das persoa ás que escribo en Whatsapp comezan a sentir os síntomas do encerro. Sobresaturación de pantalla e a alegría no chan. Un eco mental dítame que isto non se solucionará nun mes. Hai un mes falei por teléfono cunha amiga e estabamos ensaiando posibles escenarios dunha nova sociabilidade. Seremos coma os nórdicos, o 98% encerrados e dedicados á intimidade, pero sen cartos para redecorar a casa. Hai días que son máis optimista que outros. Máis tarde descubro que no meu edificio unha muller foi levada ao hospital por coronavirus e recordo que a vin nas escaleiras cando tusía; afortunadamente non quedei infectado. Acumulo listas de cousas para ler e películas para ver, pero pouco tempo podo estar concentrado nalgo distinto a este caos, pero debo enviar os traballos aos profesores, mandan moitos que non dou. Eu traballo como una forma de non pensar nisto. Penso nesta imaxe instalada de "home en guerra". Que fixeron cando estaban nas trincheiras. Penso: escribiron cartas. Non falaron do presente, dunha ametralladora na man, o corazón na fosa, dunha guerra, senón dos bos momentos do pasado e do futuro.  Sinto que a vida como a coñecía está preparada para desaparecer.
                                                              Luis Alfredo Sánchez Capcha. 1ª Bacharelato, Adultos.
 








domingo, 26 de abril de 2020

Comparto con vós...o meu confinamento.

 
 
 
   Foron 40 días e 40 noites...
   Os primeiros días puiden sentir nas miñas carnes o que debeu sentir a pequena Anne Frank, pechada nese pequeno faiado, sen nada que facer, sen saber divertirse nin como distraerse da guerra que estaba a xurdir e sen entender suficientemente a importancia do que pasara. A medida que pasaban os días, as cousas foron mellorando. a imaxinación xurdía e, dalgún ou outro xeito, a desesperación converteuse en esperanza.
    O desexo de saír aumentou ás veces, pero era algo que non estaba permitido, polo que tiven que converter a miña casa no meu pequeno mundo: facer dunha ducha, un lago, unha estufa na cociña, una tenda debaixo da cama e así, aos poucos, con imaxinación e amor, convertín a miña casa no meu templo.
    A pouca comunicación co mundo exterior que me permitín foi a radio, onde políticos, emisoras, xornalistas e a maldita canción "Resistiré" se repetían en bucle. Noticias tras noticias, morte tras morte, e poucas boas novas procedían desa vella radio colocada na mesa da cociña; de feito, creo que vivir esta pandemia sen tecnoloxía foi a mellor decisión que puidemos tomar, xa que a radio só nos deu bastantes trastornos.
    Os meus días son longos, pero máis longas son as noites sen durmir que, cansa de non facer nada fisicamente, azóutanme esperando por Morfeo. Enchemos os días comendo, vendo a televisión, con internet, tratando de ter algunha escusa barata, porque,  en realidade, temos medo de estar sós con nós mesmos.
    O máis terrorífico de todo isto non é a pandemia en si, que tamén, senón toda a agresividade que a xente está a sacar. Pódese ver reflectido nunha sinxela discusión no supermercado sobre quen estaba na cola antes ou se a señora do outro lado da rúa collera un par de luvas...reflicte isto como son os seres humanos? En situacións extremas expoñémonos e permitímonos albiscar. Lamento  ver máis discusións que aplausos nas fiestras.
                                                               Nadia Calleja Lorenzo. ESA 2 Adultos.


sábado, 25 de abril de 2020

Comparto con vós...o meu confinamento.





   O confinamento foi algo duro para algunhas persoas, concretamente  para min, debido a que son unha persoa moi activa e  sempre necesito facer cousas e abúrrome moi facilmente. As primeiras semanas non sabía que facer, descargueime mil xogos no móbil, vin películas repetidas, limpei e recollín...pero a medida que foron pasando os días, hei de dicir que a día de hoxe estou ben, non me preocupa non saír da casa, durmo, fago deberes, fago vídeochamadas, poño unha serie...é o mellor que podes facer: engancharte a unha serie longa.
   O que pasa é que se estiveses ti só no mundo, pois non te perxudicaría tanto; con isto refírome a que os meus amigos son  irritantes, falas con eles e hai moitos días que che pegan o seu mal humor. Ao final creo que discutín con bastantes persoas por estar encerrada entre catro paredes case dous meses. Tamén, unha cousa importante é a familia, e non é o meu caso, de ter unha familia estruturada, entón o problema é que o  confinamento non me afecta nada,  pero ás persoas si.
   Tamén estiven pensando moito nunha cuestión: din que podes decatarte de a quen botas de menos, a quen si e a quen non, pero eu non creo niso, non boto de menos a ninguén; o falar polas redes sociais e velos a través dunha cámara fai que non teñas esa sensación, menos coa parella, que se necesita contacto. Na miña opinión, grazas ás tecnoloxías estamos moi ben, pero quen me dera a min ter un puzzle de 1000 pezas e facelo. Todo depende das persoas que tes ao lado e coas que falas, non todo é tan escuro como parece: entre que tiras o lixo, andas por casa, vas ao súper ou, se tes a sorte de telo, paseas ao can, os días pasan rápido. E dou grazas a todas esas persoas que, moitas veces no confinamento, animáronme.
   E o mellor de todo é que isto é algo histórico, así que unha anécdota máis que contar, e no futuro contárllelo aos cativos, porque lles vai caer nun exame de historia.
                                                      L.A. Bacharelato, Adultos.











venres, 24 de abril de 2020

Comparto con vós...o meu confinamento.



      O meu confinamento resúmese en non saber en que día da semana vivo, pásoo xogando con meus pais ao parchís, ás cartas e pouco máis. Cando saio a mercar, paso un pouco de medo, porque xa tiven un susto; entón, agora, tomo moitas precaucións nas colas interminables do supermercado. Parece de tolos, que xa a xente que coñeces nin se paren a saudar e sigan o seu camiño rectos, do supermercado a casa, como zombis coas súas máscaras e as luvas. É o momento máis "emocionante" do meu día a día, aínda que pase medo, xa que o resto do día estou aburrido, vivindo a mesma rutina, esperando que isto remate e poder ver a toda a miña familia de Madrid e volver a Coruña coa miña moza e seguir como estaba antes de que chegase este virus.
                                                                        Juan José Marco Chavarria, ESA 2, Adultos.
     

xoves, 23 de abril de 2020

Comparto con vós...o meu confinamento.



   Este momento difícil que estamos pasando, intento collelo con calma, pero agóbiame moito estar na casa, sinto que me asfixio e ás veces teño que baixar ao súper a coller un pouco de aire porque non aguanto estar encerrada.
   Estando na casa, dedícome ás clases, aínda que tamén, tanta clase tenme agobiada, así que me poño a limpar e facer exercicio, e ás veces vexo a televisión para distraerme, pero abúrreme moito a tele, e volvo a facer clase, e así sucesivamente...E ás veces chamo a miña nai para saber como está, xa que non vivo con ela, porque ela está na República Dominicana.
                                                                            Lorianny Nicol Suero Torrres, ESA 3, Adultos.


mércores, 22 de abril de 2020

Comparto con vós...o meu confinamento...


   Levántome ás nove da mañá, dúchome e, se é luns, mércores ou venres, vou ver ao meu médico de cabeceira: despois volvo á casa, almorzo e voulle  aos recados á miña avoa e a unha veciña maior.
   Despois, cando chego, baixo a miña cadela; cando a subo, axudo a miña avoa na casa e comemos. Despois fago un  curso por internet e cando acabo, merendo co meu irmán....Sobre as 16, empezo coas tarefas e, cando acabo, ceo, métome na ducha, poño o pixama e vou durmir.
    Síntome ben de ánimo, xa que estou coa miña familia e facemos cousas xuntos, como xogar ou ver películas. Tamén falo moito cos meus amigos para saber como estamos. Entón, non o paso tan mal no confinamento.
                                                   Jennifer López  Serrano,  ESA 2, Adultos. 


martes, 21 de abril de 2020

Comparto con vós...o meu confinamento.


 
   Pois o que fago estes días é durmir moito, andar comendo cada dous por tres, facer as tarefas que me van deixando. Vexo algunhas películas, e algo que fago, e que me gusta moito, é escoitar a radio, e as noticias. Despois, tamén vou comprar á farmacia, etc. E á finca que temos preto da casa...alí soio ir con miña nai e plantamos de todo: tomates, pementos, porros, chícharos, etc. E outra cousa, ler o xornal, La Voz de Galicia; gústame manterme informada. E gustaríame, sobre todo, saber cando volveremos ás clases, boto de menos aos compañeiros e aos profes.
 
                                                    Lucía Roca Álvarez, ESA 2. Adultos.

luns, 20 de abril de 2020

Comparto con vós...o meu confinamento.



   Ola. Eu estou pasando o meu confinamento  aburrida, estresada e cansada. Todo isto é porque teño un bebé de quince meses que non para quieto, non hai nada que o entreteña, estanlle saíndo dúas moas e chora moito. Eu non fago máis que xogar con el e facer os deberes que me mandan as profesoras. Moitas veces pinto co meu bebé, bailamos e ensínolle os números, as cores e cousas dese estilo. Estudo polas noites ou cando o bebé fai a sesta. A verdade é que non fago moitas cousas desde que empezou o confinamento...limpo a casa, cociño para min e o meu fillo e vemos moitos debuxos e contaxogos.
   E todo isto é o que fago día tras día, sempre o mesmo todos os días. Espero que os demais estean pasando un confinamento mellor, máis animado,  e con boa saúde. Un saúdo.
 
                                                          Anabel Batista, ESA 3, Adultos.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
                    
 
 
 


sábado, 18 de abril de 2020

Un libro para o confinamento..."Elizabeth e o seu xardín alemán"



   Nestes duros días, en que, xa que non  podemos saír,  necesitariamos ter, polo menos, un xardinciño onde respirar un pouco de natureza, a lectura deste libro resulta unha experiencia agridoce.
   A protagonista transmite a atractiva idea de que, tendo un xardín, non se necesita nada máis na vida; a súa comuñón coa natureza   é unha lección de abandono de todo (ou case todo) o material...É certo que se trata dunha muller de clase alta, con todas as súas necesidades cubertas e sen outra que a de ser feliz, pero a súa aposta vital é moi atraente, e, para ser un libro escrito por unha aristócrata do século XIX, mostra unha visión moderna e pouco convencional da vida, utilizando, ademais, un estilo lixeiro, suavemente irónico, crítico coa sociedade, coa alta sociedade e, por momentos, consigo mesma tamén. Lelo, pechada na casa, sen ese xardín no que poder refuxiarse, produce unha mestura de pracer e desasosego.
                                                                                          Susana Piensos.


xoves, 16 de abril de 2020

Comparto con vós...o meu confinamento.


 
   O día 13 cumprín un mes de confinamento na casa. Que raro todo...Foi un mes moi triste. E non quería deixar pasar a oportunidade de mandar amor a todos os que están pasando por este mal momento. Oxalá que pronto poidamos xuntarnos todos de novo, poidamos camiñar nas rúas, respirar aire puro sen medo e que a xente non teña medo de saudar, abrazarse...Que todo volva á normalidade de poder tomar un bo café nunha cafetaría, de poder saír de festa cos amigos, de poder vivir a vida como se non houbese un mañá.
   Fun dúas veces ao súper e ningunha á farmacia, afortunadamente. Érgome con forzas e animada, dou grazas ao universo. Fago uns saúdos ao sol e organizo a rutina do día a día. Estou ben, creo que engordei, xa que na rutina non hai moito que facer, a non ser comer, durmir, tele, etc. Cada día aplaudo ás oito. De día non miro as noticias, pola noite, si.  Intento practicar regularmente deporte, fago videochamadas á miña familia e saio a aplaudir cada noite ao persoal sanitario. Xamais pensei que se puidese achar tanto en falta o contacto físico. Nunca pensei que a distancia xeográfica doese tanto no corazón.
   Así está sendo o meu confinamento.
                                         Pávila Juliane De Oliveira Santos, ESA 2 Adultos.
 
  

luns, 13 de abril de 2020

Comparto con vós...o meu confinamento.



Diario do confinamento
   
   Estas dúas últimas semanas, a verdade é que foron máis tranquilas. Foron dúas semanas de reflexionar, de  pensar sobre o que vou facer coa miña vida, de pensar o que me falta para lograr todos os meus obxectivos...Tamén dccidín non ver máis noticias, nin seguir os medios de comunicación, porque non quero "contaminarme" de cousas negativas da tele, non quero que a tele me encha de medos nin de cousas que non axuden a solucionar esta crise...ao contrario, o que fan é meter máis medo á xente, cousa que vexo mal.
   Tamén dedico o meu tempo a educarme, estou facendo test para sacar o carné de conducir e dedícome a ler; aprendín moitas cousas en internet.
     Ademais, estou compartindo o tempo coa familia, con ganas de que pase todo isto, e tamén facendo os deberes que me envían....
      E pensando moito en aproveitar a vida, porque as cousas cambian da noite á mañá e isto que estamos vivindo é unha proba...
      Espero que volvamos pronto á normalidade.
                                                                       Sebastián Garcés Pérez, ESA 2. Adultos.
 
 
    


mércores, 1 de abril de 2020

Un libro cada semana...ou cada mes..."Ollos de auga"



A novela conta un asasinato que sucede en Vigo. Todo ocorre a causa do asasinato dun saxofonista, cunha crueldade e sangue frío inusitados. Todo vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía.
O libro gustoume moito, aínda que houbo partes que me gustaron máis ca outras. Resulta un pouco triste, aínda que ten moito suspense, e os personaxes e o mundo urbano están pintados cun humor agudo e intelixente.

                                                Lucía Roca Álvarez. 2º ESA Adultos.