É un libro moi longo que presenta diferentes épocas en que o libro cambia de mans, levando consigo sempre a morte ou a desgraza. Ttátase dunha obra moi antiga, de alquimia, ciencia que trata de transformar os metais viles en ouro...Conta, por exemplo, como un cóengo é condenado pola Inquisición por demostrar, ante o rei Fernando e a raíña Isabel, a súa utilidade e eficacia.
O libro chega até o século XIX, mediados, anos 60 ou 70, en que se perderá a propósito para non provocar máis sufrimentos e danos. É interesante xa que atravesa distintas épocas, presenta misterios, mortes, tramas... Aínda que é extenso, tes ganas de lelo rapidamente, paréceme "aditivo", e iso que non son un gran lector...
Finalizo lembrando que o autor , ademais deste, ten libros históricos moi interesantes.
Juan Pardo Lage, 1º Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario