sábado, 14 de abril de 2018

Un filme cada semana...ou cada mes..."Potiche"

 
 
   Francia 1977. Os Pujol son unha familia burguesa, propietaria dunha fábrica de paraugas. Suzanne Pujol é unha muller dedicada ao fogar e á súa familia, mentres o seu marido, Robert Pujol, dirixe a fábrica con man de ferro, o cal provoca unha folga. Máis tarde, Robert cae enfermo e a súa muller vese obrigada a intervir na fábrica, mostrándose como unha muller capaz... 
   Cando fun ver o filme, no cine do Forum Metropolitano, tiña a expectativa de que fose bo, e ao final cumpriuse. A película trata, de forma caricaturizada, o conflito laboral, a desigualdade de xénero, a xestión empresarial e a política, expoñendo tales temas como elementos relacionados entre sí. Considéroa unha película aceptable para pasar o tempo e debater sobre os temas que trata.
 
                                                       Román Díaz Allegue, 2º Bacharelato  Vespertino. 
 
 
 
, 

domingo, 1 de abril de 2018

Un filme cada semana...ou cada mes..."The artist"





   A película conta a historia dun actor de cine mudo moi famoso, que coñece a unha rapaza      aspirante a actriz. Ela faise famosa coa chegada do cinema sonoro, mentres el inicia a súa decadencia...
   A película gustoume bastante, é divertida e á vez dramática, e moi entretida. Ao ser en branco e negro, e muda, pensei que non me ía gustar, pero ao ser moderna, si que me gustou.   A banda sonora é do mellor da película.
  Ademais de entreterme, o filme transmíteme algúns valores, como que non hai que ser orgulloso, porque  podes afundirte máis rápido (pásalle a George, o protagonista masculino), e que, se persegues os teus soños, podes conseguir que se fagan realidade, ademais de que a humildade e a bondade nunca se deben perder; isto transmíteo Peppy, a personaxe feminina.
   En resumo, póñolle case as cinco estrelas que podía adxudicarlle.
                                                                       Jesús Mocerino, 3º ESO V.