luns, 27 de agosto de 2018

Un filme, baseado nun relato, cada semana...ou cada mes..."O curioso caso de Benjamin Button"

 
 




  A película é unha analepse que nos conta a historia dun home o cal nace vello e, en vez de envellecer, rexuvenece. Pásanlle moitas cousas ao longo da súa vida, que non vos vou contar, para que a vexades...
   A película gustoume, é entretida, aínda que ten moito argumento. Brad Pitt interpreta moi ben o papel protagonista, e os efectos de maquillaxe para que pareza cada vez máis novo son moi bos. A conclusión que sacamos é que, ás veces, ir ao revés que todo o mundo é complicado, e que o amor moitas veces é un sentimento moi grande...
   Esta película está baseada nun relato do autor norteamericano Francis Scott Fitzgerald; anos despois, Rafael Dieste escribiu un conto cun argumento similar, "O neno suicida", seguro que o lestes...
  Eu recomendaría o filme, aínda que para tomalo con bastante calma, xa que é longo.
                                                         
                                                                             Luna Vázquez Angulo, 3º ESO V.
 
 
     

luns, 20 de agosto de 2018

Un libro cada semana...ou cada mes..."Mujeres de ciencia"

    Este libro proporcionoume coñecemento sobre algunhas contribucións á ciencia, á enxeñaría e ás matemáticas, levadas a cabo por 50 grandes mulleres. Resultou emocionante ler, por exemplo, a biografía de Marie Curie, primeira muller en obter o Premio Nobel, experta no estudio da radioactividade.
   O mundo, tal como o coñecemos hoxe, debémosllelo, en grande parte, a estas grandes mulleres, grazas ás cales podemos entender mellor as ciencias. O libro resultoume fascinante.
                                                     Freyder Zambrano. 3º ESO V.
                                                           


luns, 13 de agosto de 2018

Un libro cada semana...ou cada mes..."Nunca seré tu héroe"




   A novela trata sobre un adolescente que ao principio saca malas notas e ás veces chega bébedo á casa. O seu mellor amigo é coma el, ou peor, pero despois acaban estudiando. Andrés, que así se chama o protagonista, coñece a Belén e axúdaa nun problema serio; a Belén acaba gustándolle Andrés, pero a este gústalle Sara....
   A historia sitúase na actualidade, e dura algo menos dun curso. Desenvólvese en Madrid, polas rúas, prazas...O personaxes son psicoloxicamente variados; no caso de Andrés, o protagonista, trátase do típico adolescente, moi gracioso, cheo de imaxinación e co don de facer cómics.
  Paréceme un estupendo libro, xa que o ten todo. É entretido, gracioso, realista, transmite moi bos valores e déixate "enganchado" durante toda a historia, e mesmo con ganas de seguir lendo, porque ten final aberto. Na miña opinión, é o mellor libro que lin e recoméndoo moito.
                                                       Jesús Mocerino, 3º ESO V.

i

luns, 6 de agosto de 2018

Un libro cada semana...ou cada mes..."Tres veces tú"

 
 
 
   Pasaron seis anos despois da primeira novela e cambiaron as vidas dos protagonistas. Step, Gym e Baby continúan coas súas historias que se cruzan, cheas de reencontros e cambios. Step, o narrador e protagonista, madurou e sabe controlarse; agora é más serio que antes. Gym é egoísta e caprichosa, algo parecida a Step. Baby é unha rapaza de boa familia, inocente pero decidida...A acción desenvólvese en Roma, na actualidade.
   A novela gustoume, aínda que é un pouco triste. Aínda que é moi longa, é moi bonita. E encantoume o desenlace.
 
                                                      María Gundín , 3º ESO V..