-Pero canta cinta ten?- o vampiro preguntou e virou para que o rapaz puidese verlle o perfil.- Suficiente para a historia dunha vida?
-Por suposto, se é unha boa vida. Ás veces entrevisto até tres ou catro persoas nunha noite se teño sorte. Pero ten que ser unha boa historia. Iso é xusto, non cre?
- Moi xusto.- dixo o vampiro.-Gustaríame contarlle a historia da miña vida. Gustaríame moito.
Así comeza este libro, no que se xoga con temas profundos; plantéxase a idea da inmortalidade, soño de moitos, coa contraposición de don divino e castigo maldito. Tamén se xoga co significado do amor, a moralidade e o binomio vida/morte. Sen embargo, no que máis profundiza é no existencialismo e na condición humana desde o punto de vista decadente do gótico e do romanticismo, creando un ambiente envolvente e ás veces agobiante.
Entrevista co vampiro céntrase en Louis de Pointe du Lac, un vampiro de Nova Orleans que a través dunha longa entrevista cun reporteiro sen nome, conta a historia da súa vida, desde como se converteu en vampiro até como cambiou, a causa de vivir co seu "creador" e coller cariño a unha das súas vítimas, unha rapaza de tan só cinco anos.
É un libro ben estruturado, cunha boa ambientación, descricións detalladas para facerche ver e sentir o que aos personaxes lles acontece, reflexións morais desde a controversia e a depravación que representa a figura do vampiro, e personaxes complexos cunha gran evolución psicolóxica.
En definitiva, un gran libro sobre o ocultismo e a filosofía moral.
Maite García Boga. 1º Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario