domingo, 25 de xuño de 2017

Un libro cada semana...ou cada mes..."Con el diablo en los talones"




 O libro trata sobre un adolescente chamado Desiderio, "Desi", estudante de Vallecas, que se sente incomprendido; é traficante no instituto e ten un amigo inseparable, GeBé, que non é a mellor influencia. Desi, comido polas drogas, coñece a Paz, inmigrante alxeriana, namorada da poesía, que consegue limpalo das drogas e que non teña vergoña da súa verdadeira forma de ser.
 Este é o meu libro favorito, non pararía de lelo se non fose eu tan vago; para min é unha historia emocionante e para nada aburrida, xa que no libro se demostra como unha persoa pode cambiarche a vida e sacarte dun mundo que non é o máis apropiado para ninguén. Ademais, é un libro no que se utiliza a mesma linguaxe ca nós, os adolescentes. Moi recomendable.
                                                            
                                                               Pablo Flórez Vilela. 3ª ESO.

domingo, 18 de xuño de 2017

Un libro cada semana...ou cada mes..."El valle de los lobos"

    Dana creceu xunto aos seus irmáns e, aínda que nunca a trataron de forma especial, todos podían ver que era diferente. Até que coñeceu a Kai, que nunca se separa dela, ni sequera cando chega o Mestre e a leva ao Val dos Lobos, onde aprende maxia para derrotar ao Mestre e desfacer a  maldición...
   Trátase dun libro que te "engancha" a ler sen parar. Sorprendeume que tratase de maxia;  non ten demasiados personaxes e a acción só se desenvolve na viliña onde naceu Dana e no Val dos Lobos.    O libro encantoume e considéroo para todas as idades, así que o recomendo  a  todos.
                                                                                  Álvaro Suárez Méndez, 3º ESO.
        

domingo, 11 de xuño de 2017

Un libro cada semana...ou cada mes..."Sword Art Online"





   A acción sitúase en Xapón. Un xogador chamado Kirito foi atrapado con outros moitos xogadores de Sword Art  Online no interior do xogo sen poder saír; a única forma de sobrevivir é gañar...
 Encantoume o anime  que está baseado nesta serie de novelas; está moi utilizada a idea "Un mundo en realidade virtual" pero ten máis acción ao darlle o toque de que, se morres no xogo, morres na vida real. Gustoume como o protagonista, Kirito, se supera sempre  e, a pesar de ser un betatester (os outros xogadores mirábanos mal), deu o mellor de si mesmo e axudou sempre no que puido. Tamén me encantou a relación con Asuna, que non vou contar... 

                                                                Ismael Ramírez Jiménez, 3º ESO.

martes, 6 de xuño de 2017

Os río e a espiritualidade

Unha selección de traballos feitos na materia de Relixión, co profesor Antonio Fondo.

Tambre e Sobrado:

Relixiosidade no Anllóns, por Andrea Barreiro, Elena Cotelo, Paula Peña e Sofía Pérez:
San Roque en Vilagarcía:
Aportes do románico en Xaviña:

domingo, 4 de xuño de 2017

Un filme cada semana...ou cada mes..."Entre les murs"


   A película trata sobre unha clase de Secundaria nun instituto francés, que empeza un novo curso con moitas diferenzas debido á diversidade de razas, e van xurdindo problemas...a clase non é "exemplar", falan moito e os profesores xa están cansados. O comportamento dos alumnos non é o axeitado, xa que intentan facerse os graciosos e intentan "vacilar" ao profesor; algúns alumnos son insoportables e o tutor, o profesor de lingua, ten moita paciencia....aínda que finalmente  Suleimán, alumno  cun comportamento malísimo,  ten un grave incidente co profesor...
  Comparando esa clase coa nosa, vemos alguhas diferenzas, en primeiro lugar, de comportamento: nós portámonos moito mellor, aínda que eles tratan ao profesor de "vostede",  e considérase o tratalo de "ti" unha falta de respecto. Por outra banda, chamounos a atención que as delegadas de curso entrasen ás avaliacións. Ademais, o instituto recordounos a un cárcere,   especialmente o patio de recreo. 
  O que en xeral non nos gustou foi o final, que non imos contar, pero que esperabamos diferente. En calquera  caso, é unha película que fala de cousas que nos resultan moi familiares, polo que foi interesante vela.
                                                                          3º ESO V. 
 

O Faro de Sofía recoméndache estes libros sobre "Os Ríos: Fonte de Vida"

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3WlVOdmZJYmlPUUE


xoves, 1 de xuño de 2017