domingo, 26 de maio de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes..."Atlantis, o imperio perdido"




   Todos coñecemos a lenda da Atlántida, unha enorme illa cunha civilización moi avanzada que, nun día e unha noite terribles, desaparece para sempre nas profundidades do mar.
   Milo Thatch, un cartógrafo que traballa nun museo, está obsesionado con esta historia e quere amosar ao mundo, como xa o intentara o seu avó antes de morrer, que a Atlántida é máis que un mito.
   Desgraciadamente, esta película é unha desas xoias ocultas que moitos infravaloran, e non moita xente coñece, aínda que pertence á factoría Disney. Permitiunos ver  unha princesa negra uns cantos anos antes da chegada de Tiana e o sapo, ademais doutros personaxes negros non estereotipados e unha marabillosa muller latina. Tamén merece ser destacado o papel das mulleres na película, porque as personaxes femininas rompen moldes, deixándonos ver unha muller que se move coma un peixe na auga entre motores, ou unha princesa á que ninguén lle impón un matrimonio e que goberna a súa propia vida.
   Milo, o protagonista, (con permiso da princesa Kida) non é tampouco o tipo de heroe ao que estamos afeitos: non é guapo, atlético, exitoso, nin ten cartos. Mais a súa intelixencia, a súa bondade e o eu tesón fan que sexa igual de valioso que outros,  ou mesmo máis.
  Que non teña cancións é, segundo a miña opinión, algo bo, xa que a fai máis dinámica.
  Unha historia apaixonante, que fai que só teñas ganas de vela tomando patacas fritidas (ou algo máis san) e que non merece seguir no olvido.
   Anímovos a vela. Non vos arrepentiredes!
                                                    Azahara Argibay Gallego. 1º Bacharelato Adultos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario