sábado, 28 de xaneiro de 2017

Paxareando por Coruña

Presentamos un traballo realizado polo alumno de 2º C Bacharelato Nocturno, Rodrigo López Pérez, que vai camiño de converterse nun experto ornitólogo. Todas as aves que nos presenta, foron avistadas por el, na nosa cidade ou nos seus arredores; tamén os textos que as describen son da súa autoría. Magnífica oportunidade para coñecer un pouco mellor a nosa fauna voadora e de ampliar, ou repasar, o noso vocabulario.

https://drive.google.com/file/d/0B3mkIjPM-Sr3WFhwRDJrNy15VHM/view?usp=sharinghttps://drive.google.com/file/d/0B3mkIjPM-Sr3ZWVCNGZ5M3lLeUk/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/0B3mkIjPM-Sr3eEs4Y1JFXzBjSW8/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/0B3mkIjPM-Sr3RFl3Y2ZGT2d2S1U/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/0B3mkIjPM-Sr3eGdTVEdYS0Vvems/view?usp=sharing
 Fai clic sobre cada unha para ampliar a información.
 
(texto de Susana Piensos)

venres, 27 de xaneiro de 2017

Einstein theory triumphs

Alá polo ano 1921, que xa choveu, o diario New York Times publicou esta nova para ratificar que a famosísima teoría da Relatividade Xeral de Einstein era certa. Os experimentos feitos medindo a posición das estrelas más achegadas ao Sol no momento do eclipse deron a razón ao xenial físico: as estrelas non estaban onde tiñan que estar, senón algo desprazadas.... a masa do Sol curva o espacio o seu arredor, e isto fai que pareza que as estrelas se moveron.

Fíxate o que pon debaixo de "Einstein Theory Triumphs". Ninguén ten que ter medo do resultado! Xenial, non si?

Outra expresión, "A book for 12 wise men", parece ser que ten relación cos homes que se escollían para xulgar os delitos alá no profundo oeste norteamericano, cando non había xustiza do Estado.

A verdade, afundirse nos titulares das hemerotecas da prensa é un exercicio que dá moitas moitas sorpresas. Probade!

(texto de Mario S. García)
PD. A foto foi vista coma parte da interesante conferencia de José Edelstein fai uns días. Logo viño a procura de conseguir "a peza orixinal" para disfrutala como se merece...

xoves, 19 de xaneiro de 2017

Un filme cada semana...ou cada mes..."Camiño á escola"




   Este filme documental trata sobre uns nenos que teñen dificultades para ir á escola, teñen que facer un percorrido enorme para chegar. A escola é o máis importante para eles, porque é un privilexio e un desexo adquirir coñecementos para a vida futura. Nos países onde viven, a ensinanza é diferente á nosa, pero a valoran máis ca nós. Isto ensínanos a sorte que temos de poder ir á escola.
  Pareceume un documental  moi interesante, fainos aprender que hai algúns rapaces, ao contrario que moitos de nós,  que desexan ir a clase. Móstranos uns nenos andando moitas horas para ir á escola, a través dunhas paisaxes extraordinarias; ademais das distancias, teñen que ter coidado cos perigos que os asexan, como animais salvaxes.
   O filme está moi ben, concédolle a máxima valoración.
                                                                             Miguel Martínez García. 3º ESO. 

domingo, 1 de xaneiro de 2017

Un libro para o novo ano..."Las gafas de la felicidad"



   Estivemos traballando  na clase cunha entrevista ao psicólogo Rafael Santandreu, que publicou recentemente o libro "Las gafas de la felicidad". A idea central do libro é que a xente non é feliz porque se esixe demasiado a si mesma e aos demais. Inventa dúas palabras:"necesitite" (exceso de necesidades)  e "terribilite"(desesperación ante as cousas adversas) que nos impiden ser felices....Segundo el, o único que necesitamos para ser felices é a auga e a comida diarias, e  nós temos  a chave da nosa mente para interpretar o que nos ocorre poñendo unhas gafas  (metafóricas)que nos axuden a ver a realidade con ollos positivos...
  Pensamos que, en xeral, ten razón en que se levásemos una vida máis sinxela viviriamos mellor, aínda que quizais esaxera un pouco co da auga e a comida...hai outros valores que tamén necesitamos, como amigos, amor, estudos...aínda así é bon reflexionar de vez en cando sobre  a vida, e os consellos de Santandreu poden axudarnos a facelo.
                                                                                                 3º ESO V.