martes, 19 de xuño de 2018

Un filme cada semana...ou cada mes..."Sufraxistas"

 
 
  A película conta a historia de Maude Watts, rapaza que traballa nunha lavandaría e que se fai sufraxista para obter máis dereitos. A película fala de como as mulleres de principios do século XX, ás que se negaba o dereito ao voto e outros máis, loitan para cambiar esta situación. Todo contado desde o punto de vista dunha muller casada, cun fillo , e cunha xornada laboral de 12 horas.
   A película é moi boa, xa que nos mostra como vivían antes as mulleres e fainos darnos conta de como avanza o mundo, grazas ao sacrificio destas mulleres. Os personaxes, especialmente a protagonista, gustáronnos moito. Resultounos  un pouco agobiante o vestiario,  imaxinarnos metidas neses corsés...
  Canto a aspectos técnicos, gustounos o uso de filtros e a fotografía en xeral, xa que dá un ambiente frío e triste, pero ao final usan filtros alegres, que transmiten a sensación de que están felices por ter gañado na loita.
 
                              Hanan Elmansouri, María Gundín e Silvia Romero, 3º ESO V:
 
 
 
 
  

Boletín verán 2018

https://drive.google.com/file/d/19GJK_Y0Leeg3-28yHhIS8de1PzSmjANB/view?usp=sharing


Estes son os libros elixidos para o verán 2018. Fai clic na imaxe para velo completo!

xoves, 7 de xuño de 2018

Grandes Expedicións, partindo das cantigas de Santa María

Autoras: Andrea Barreiro e Elena Cotelo.
Autores: Javier Valencia e Antón de Ramos, 2º de bacharelato.
Autoras: Victoria Blanco e Carlota Suárez, 2º de bacharelato, todos eles dirixidos polo profesor Antonio Fondo.

venres, 1 de xuño de 2018

Un filme cada semana...ou cada mes..."Jesus Christ Superstar"




   A película está baseada nunha ópera rock, baseada, á súa vez, no Novo Testamento, e conta os últimos momentos da vida de Xesús, até que é crucificado, dándolles especial protagonismo a Xudas e a María Magdalena. A película foi rodada en 1973, en plena época hippie, e, aínda que é bastante fiel ao texto bíblico,  resultou bastante atrevida naquel momento, provocando polémica pero acadando unha grande popularidade.
  Para algunha  de nós resultou interesante ver esta película, xa que nos aporta información sobre outra relixión distinta da nosa; outros, en cambio, coñeciamos a historia narrada, aínda que nalgúns aspectos nos resultou curiosa, por exemplo, no referido aos sentimentos de María Magdalena, ou o protagonismo concedido a Xudas.    
 No relativo á música, vestiario, interpretacións, etc., a opinión xeral é que nos resulta un pouco  anticuada: no caso do  vestiario, totalmente hippie, houbo división de opinións, así como no referido á música e a coreografía, aínda que a opinión xeral é que non nos entusiasmou que fose totalmente cantada. O que si nos gustou a todos foi a paisaxe,  e a posta de sol final resultou emocionante.
 
                                                         3º ESO V.

Who was... Fernando de Magallanes

Author: Patricia Sánchez, 3º ESO
Author: Patricia