Esta charla, que podedes ver no programa "Aprendemos juntos" do BBVA en YouTube, protagonizada pola primatóloga Jane Goodall, fala de temas como os primates, o involucrados que están os nenos e os mozos co medioambiente, a infancia, o consumo de carne...tamén que todos podemos conseguir os nosos soños, por moi utópicos que nos parezan, como ela mesma cumpriu os seus. As súas investigacións revolucionaron a comunidade científica e fascinaron ao mundo enteiro.
Goodall invítanos a reflexionar sobre nós mesmos, sobre como promover un estilo de vida máis sostible e construír unha sociedade máis xusta.
Juan Pardo Lage. Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario