Esta película é moi interesante porque se divide en dúas partes. Na primeira pódense reflectir as diferenzas sociais desa época, século XVII. O príncipe é egoísta, tiránico e cínico; perdeu a fortuna, parte da cara e a súa amada nun lume no seu castelo e levou á súa xente á ruína total. Bella chega ao Castelo; é unha muller nova que vai traballar para pagar a débeda do seu pai.
Na segunda parte, o protagonista masculino dáse conta de que os seus prexuízos velan o seu amor por Bella, un romance que terá que superar continuas ameazas e inimigos. Amor e traizón, coraxe e sacrificio, aventura e misterio conviven nesta película.
Unha película moi entretida que recomendo totalmente para ver calquera día da semana.
Ann González. 1ª Bacharelato A. Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario