luns, 30 de xullo de 2018

Un libro cada semana...ou cada mes..."Nunca apostes a túa cabeza ao demo"

 
 
 
  Neste conto de Edgar Allan Poe, Toby Dommit, neno desde pequeño maltratado e golpeado pola súa nai, faise cada vez máis malvado, e afecciónase ás apostas...a súa frase especial é "aposto a miña cabeza ao demo"...
  O conto está protagonizado por un personaxe solitario, ao que a súa familia non quería, cunha afección enfermiza polas apostas, até o punto que se cumpriu aquilo que nunca pensou que podería chegar a pasar.
  O conto dá bastante "mal rollo", xa que se apostas algo co demo non cres que pode pasar algo que, en cambio sí chega a suceder...As  nosas palabras teñen poder.
                                              
                                                                        Hanan Elmansouri. 3º ESO V.
  
 
 
  

luns, 23 de xullo de 2018

Un libro cada semana...ou cada mes..."O fantasma de Canterville"




  O libro conta a historia da familia Otis. Os Otis van vivir a unha mansión onde se di que reside un fantasma, o cal é perigoso, segundo comenta a xente. Á familia non lle importa e deciden ir igual; a partir de aí empezan a ocorrer cousas....
   Ao principio, pensei que o libro non me ía gustar pero sí que me gustou, non se "enrolla" nas descricións, cousa que me pon moi nervioso. A historia ten moitos momentos graciosos, por exemplo,cando os dous xemelgos non paran de "vacilar" ao fantasma, ou cando lle din que engraxe as cadeas para non facer ruído...Gustaríame algunha ilustración para facerse unha idea máis clara, por exemplo, dalgún personaxe, pero o libro pareceume divertido e entretido.
                                          
                                               Gabriel Grandío Álvarez. 3º ESO V.

venres, 13 de xullo de 2018

Dúas novelas gráficas cada semana...ou cada mes...María y yo" e "María cumple 20 años"



   Estes dous libros   tratan de María, nena autista que vive coa súa nai e o seu avó en Canarias e pasa as vacacións co seu pai, de Barcelona, que é quen conta e debuxa a historia, autobiográfica.  A María encántalle ver como debuxa seu pai, quen lle vai debuxando á xente para que se lembre de quen son...
A historia está contada polo pai de María, que ten moita paciencia e enténdese moi ben coa súa filla; odia que a xente os mire mal. María vai, segundo pasan os anos, aprendendo a facer máis cousas, e mellor.
  A acción dos dous libros dura desde que María ten doce anos  até que ten vinte; entre ambos, hai un salto temporal de seis anos. A acción desenvólvese en Canarias e Barcelona.
   Comparando os dous libros, o primeiro pareceume moi bo e gustoume moito; o segundo non está mal, pero  paréceme un pouco repetitivo. Gústame moito que trate este tema, o do autismo, xa que me fixo aprender moito sobre el. Ademais, paréceme impresionante a relación de María co seu pai. Canto aos debuxos, parecéronme moi bos e sinxelos.
  Como ao longo do curso tivemos a oportunidade de ver a película baseada na primeira parte do cómic (podedes ver a miña recensión sobre a película no blogue, con data 1 de novembro de 2017), creo que na versión cinematográfica entendemos mellor a psicoloxía de María, énos máis fácil meternos na pel dos protagonistas e a historia resulta máis triste. Porén, no libro a historia está tamén moi ben contada.
                                                     Ismael García Martínez, 3º ESO V.

Nota: Recórdovos que podedes ler os dous libros na biblioteca do instituto.
 
 
 
 
  

luns, 2 de xullo de 2018

Un libro cada semana...ou cada mes..."O asasinato da profesora de Lingua"

 



  O libro trata dunha profesora de Lingua que se propón un falso asasinato para dar unha lección aos seus alumnos, que non len libros e non traballan. Coa complicidade da directora e o xefe de estudos, anuncia que ás oito da tarde matará a alguén da clase, se antes non conseguen resolver oito probas relacionadas coa literatura.
  No libro hai varios personaxes, desde a profesora, sabia e astuta, con paixón polos libros, a varios alumnos, que non temen as difíciles probas, e outros menos valentes...A acción dura un día, e desenvólvese no instituto e nas rúas da cidade.
   Paréceme un libro entretido, polas numerosas probas ás que están sometidos os alumnos, algunhas, mesmo tentas facelas ti, e aprendes cousas que non sabías,  xa que son de literatura. É curioso o título, xa que cres que os alumnos son os que van matar á profesora, e resulta ser ao revés. En resumo, o libro "engancha" porque queres saber o final e ademais, é fácil de ler.
 
                                                                  Jesús Mocerino, 3º ESO V.
   .