domingo, 31 de marzo de 2019

Encontro con... Iago de la Campa

O escritor Iago de la Campa na biblioteca cos alumnos e alumnas de primerio de ESO  e de literatura universal de primeiro de Bacharelato o pasado mércores.



domingo, 24 de marzo de 2019

"Senlleiras"


Comentario crítico da obra                                                     Sara Martínez,  2º Bacharelato
Senlleiras é unha obra que, independentemente da opinión do lector, non deixa indiferente a ninguén. Isto é debido non só ó cru tema que trata, a violencia de xénero, senón tamén polo mestría coa cal o trata. Antía Yáñez emprega nesta novela o punto de vista de, esencialmente, dúas mulleres: a primeira é Alana, una muller pobre situada a comezos do século XX, filla dunha violación; e Alda, una moza da más recente actualidade, influencer e desvinculada dos seus pais. Ambas casan co que asemella ser o home dos seus soños, e ambas vesen envoltas, deseguida, nunha relación da que non son capaces de saír, abusadas física e psicoloxicamente pola súa parella. A primeira persoa empregada na narración das perspectivas destas dúas mulleres resulta terriblemente impactante para o lector, xa que permite ver tanto a evolución destas tóxicas relacións, dende o amor aparente ata o absoluto medo, como os pensamentos de cada muller, case idénticos, asimilando unha situación que xamais debería asimilarse.
Ademais disto, emprégase os puntos de vista doutras personaxes, individuos próximos ás protagonistas que traballan para darlle un fío a historia que descobre o misterio da morte de Alda e une a vida desta coa de Alana, a pesar de vivir separadas por un século.
Por outro lado, destaco a presenza doutro tema tratado tamén nesta obra, que non é tan evidente como o da violencia machista, mais tamén cobrou grande importancia baixo o meu parecer: isto é, a situación de abuso de poder que viven ambas protagonistas. Este tema non é tratado con tanta profundidade na actualidade: loxicamente, a basta maioría da poboación céntrase en impedir o tráxico destino que sufriron Alana y Alda, casos ficticios que non distan en nada dos reais. No obstante, si é destacable nesta novela.
O abuso de poder preséntase en Alana cando coñece a un home maior ca ela, máis culto, máis rico e, en definitiva, superior; un home do que cría poder aprender, do que durante un longo tempo creu ter unha débeda precisamente por esa admiración, coa cal el se valía para menosprezala. Da mesma maneira, Alda namórase dun home con éxito e intelixente, polo que ela séntese infantil e inexperta, e sente que debe aprender del pois ten moito que ensinarlle.
Desta forma, ambas vénse cegadas polo mecanismo de control e submisión que empregan tanto Bieito, marido de Alda, como Bernabé, marido de Alana. Estes aproveitan a situación de “inferioridade” na que se ven as mulleres, retorcen o poder que teñen e proxéctanolo sobre elas. Móstranse encantadores e cultos ó comezo, para conseguir unha imaxe, un sentimento de admiración que posteriormente poidan tornar a obediencia absoluta, porque “hei de facerlle caso, que el sabe máis ca eu”, “el toma mellores decisións”, etc. Esta situación repítese de forma lixeiramente sutil, sen que a autora recalque a súa correspondencia en ambas mulleres ni a peza clave que supón para o éxito do crime que cometen ambos homes. O abuso de poder presente nas dúas relacións implica, sen lugar a dúbida, a importancia do amor propio e da existencia dun respecto mutuo e igualdade completa nunha relación: a admiración é, entre dúas persoas, sa e normal, mais esta xamais debe superar a propia estima. A túa parella non é mellor que ti, non sabe máis que ti e por suposto endexamais pode antepoñer a súa opinión a túa. Cada individuo ten una valía, e nunha parella estas se complementan. Este foi o factor que persoalmente máis me chamou a atención, xa que á hora de ilustrar a violencia de xénero non se sole facer fincapé neste feito e a súa importancia, ilustrando normalmente a parella da mesma idade e entorno.
Por último, comentar a cálida gratitude que calquera persoa pode obter cando le todos ese pasaxes dedicados non aos horrores deste tipo de maltrato, senón a importancia de recordar a todas as vítimas que leva consigo. “Senlleiras”, esa é a forma coa que Antía Yáñez cualifica a todas esas mulleres afectadas pola violencia machista, e repite unha e outra vez que xamais deben ser esquecidas. Mesmamente, reflexa esta idea tamén na relación entre Alana e Alda: a historia de Alana vive a través dos anos e volver a ser recordada un século despois do seu suceso, permitindo que dúas persoas máis, André e Navia, leven a súa traxedia no corazón e xamais a esquezan.
Lingua
Xa que se trata dunha obra escrita en pleno século XXI, posúe, maioritariamente, un galego estándar dentro da normativa, de carácter actual e que emprega terminoloxía informal ou mesmo vulgar dentro dos diálogos.
Non obstante, hase destacar que se emprega un nivel de lingua totalmente distinto nas secciones da narración situadas dentro da historia de Alana, pois esta sitúase nunha época anterior.
Nestas partes, atopamos o emprego dun galego non suxeito a unha normativa, pois esta aínda non existía. Nesta época, comezos do século XX, comeza a elaboración do coñecido actualmente como “galego enxebrista”, un intento de normativa que buscou afastarse do castelán ser tomar como referencia o latín na maior parte das palabras, e que fracasou. No obstante, este non é o galego empregado na historia de Alana, pois nela móstranse esencialmente dúas clases sociais, a baixa e a alta, e observamos dous empregos da lingua que reflexan a perfección a situación da lingua galega na época: a clase baixa, Alana cando era solteira, a súa nai, Xosé,..., emprega o galego para todo, un galego cheo de castelanismos, vulgarismos, e totalmente fóra da normativa actual. Era o idioma que falaba a xente do rural, a gran maioría da poboación, que non se aprendía na escola e que normalmente limitábase á fala. Por outra parte, a clase alta, con Bernabé, a súa familia, etc., non emprega o galego para ningún ámbito, é máis, desprézano e considérano unha lingua de xente pobre e inculta: no seu lugar, empregan o castelán, si ensinado nas escolas e considerada a lingua das clases altas. A propia Alana vese obrigada a falar castelán tras casar con Bernabé, pois este prohíbelle empregar o galego, a súa lingua natal, “como unha vulgar campesiña”.
Opinión persoal
Senlleiras é un libro duro de ler, e ese feito non pode senón honrar á autora debido á fidelidade coa que conseguiu plasmar os horrores da violencia de xénero. A historia da madre de Alana, violada e repudiada; a da súa amiga, madre de Xosé, que tivo que afastar ao seu propio fillo da violencia do seu marido; a da mesma Alana, que viu a súa intelixencia, a súa liberdade e a súa vida arrebatadas polo home que cría amar; a de Alda, que só buscaba amor, aceptación e felicidade;...todas estas historias son fiadas, contadas conxuntamente de xeito coidadoso, de forma que só ó rematar o libro comprendes como Alana e Alda, con cen anos de diferenza entre elas, poden estar relacionadas, e aínda máis: comprendes como, a pesar da existencia deses cen anos, a súa situación, e a da muller en xeral, segue sendo a mesma.
Non podo engadir nada negativo dun libro que pode mesmo axudar a alguén a abrir os ollos, ou a reflexionar sobre a necesidade do movemento feminista e a defensa das mulleres contra esta clase de violencia. Considero que a autora fixo un traballo que require habilidade ademais de valentía, e penso que o realizou de maneira excepcional. Como xa dixen, resultoume duro de ler, e creo que estou ben concienciada respecto a esta clase de depreciables traxedias: é precisamente por isto que podería recomendarlle este libro a calquera.
Bibliografía
Ademais do propio libro, empreguei as seguintes fontes para a realización do comentario, especificamente a biografía da autora:

martes, 19 de marzo de 2019

Un libro cada semana...ou cada mes.."Maxina ou a filla espúrea"


 
 
 
   Nunha aldea preto de Santiago vivían Sancti-Petri, a súa muller e a súa filla Otilia. Otilia era una rapaza moi fermosa e como consecuencia abusaron dela nunha festa e quedou embarazada...Así empeza a primeira novela en galego do Rexurdimento. O libro gustoume porque ten un final sorprendente, que non te esperas, xa que non é un final feliz.
  Recomendo o libro porque, aínda que ao principio custa un pouco "entrar", pola dificultade lingüística , despois resulta entretido e vas entendendo pouco a pouco e non perdes o fío do argumento.
                                    Alejandra Díaz. 1º Bacharelato Adultos.

venres, 1 de marzo de 2019

Un filme cada semana..ou cada mes..."Blue Jasmine"

 
 É unha historia que  presenta feitos reais, ensínanos como vidas asentadas e supostamente seguras se poden volatilizar en segundos. Debemos aprender que nada é seguro, e menos algo tan variable como a economía. Nesta película vemos as dúas caras da moeda, representadas nunha mesma familia, en concreto dúas irmás; unha  é educada, lista, guapa, e sabe moverse na alta sociedade; a outra vive nun barrio común, ten un traballo común e non ve máis alá da súa vida...O destino da primeira acaba aproximándoa ao xeito de vida da segunda, provocando un dramático final.
                                        Juan Pardo Lage. 1º Bacharelato Adultos.