Esta película é moi interesante porque nela se desenvolve unha loita entre un negacionista, antisemita, pro-hitleriano e historiador, e unha xudía historiadora. Todo comeza cunha charla da historiadora, falando do seu libro sobre o Holocausto, cando, de súpeto, o historiador interrompe, disente e tenta apoderarse da charla porque ela fala del no seu libro.
Creo que a película é moi interesante para a xente a quen lle gusta a historia; é moi fácil "traspasar" a película e poñerse no lugar da protagonista, sentir a frustración, a súa loita...Vívese a tensión e tristeza en primeira persoa. E o mellor é que está baseada en feitos reais.
Juan Pardo Lage, 1º Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario