xoves, 12 de outubro de 2017

Un fime cada semana...ou cada mes..."Home" de Yann Arthus Bertrand




    Este documental trata sobre a contaminación e a explotación do planeta e tamén sobre os efectos do cambio climático. Comeza no principio, cando non había humanos no planeta, e vainos mostrando como, ao pasar os anos, o ser humano provocou escaseza de auga e comida, deforestación, desconxelación dos Polos, etc. Presenta diversas cidades e países do mundo, selvas, ríos, lagos, glaciares...Conta cousas que nos deberían facer darnos conta de todo o que estamos destruíndo, con imaxes impactantes, moi realistas, e, aínda que a mensaxe nos parece algo esaxerada e  bastante pesimista, cremos que pode contribuír a concienciarnos sobre o maltrato que estamos dando á nosa casa, a Terra.
   Do punto de vista visual, as imaxes son impactantes na súa maioría, as paisaxes filmadas desde helicóptero gustáronnos a todos. En cambio, tanto a música como o a voz narradora provocaron diversidade de opinións. No que concordamos todos é en recomendalo.
 
                                                                        3ª ESO V.

Un libro cada semana...ou cada mes..."En el gallo de hierro"

 
 
 
   Viaxamos á China post-maoísta acompañando a Paul Theroux, que colle o tren en Londres, atravesa Europa, chega a Rusia, onde monta no Orient Express que o  levará a Mongolia, percorre despois toda China e finaliza no Tibet.
  A viaxe é longa,  por veces incómoda (ese frío, case omnipresente e imposible de evitar), interesantísima. Theroux fala con todo tipo de viaxeiros, que ofrecen una visión ente crítica e desencantada da chamada "Revolución Cultural";  é destacable o  pobre concepto que teñen, en xeral, de Mao. Chama a atención que habitualmente o viaxeiro vai acompañado de "guías" proporcionados polo goberno, que se encargan, supoñemos,  de que non investigue máis da conta...
   China móstrase como un país complexo, variado, estraño, en moitos aspectos,  á nosa sensibilidade. A impresión é que Theroux non se sentiu a gusto; de feito, case ao final, menciona Lhasa, capital do Tibet, com o único lugar no que desfrutou e lamentou abandonar. En todo caso, acompañalo resultou unha experiencia estupenda.
 
                                                     Susana Piensos.

domingo, 8 de outubro de 2017

PREMIO LITERARIO


O vigués Antonio  García  Teijeiro
 
PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL 2017


«Un poema pode cambiar o comportamento dun neno» 

Entre su extensa bibliografía poética podemos encontrar los dos títulos que anteceden al que ha sido premiado: Palabras do mar (Embora) y En la cuna del mar (Creotz), ambos de 2015, pero también destacamos otros poemarios como Ventos (1992), Lueiro de papel (1995), Na fogueira dos versos (1996), Os nosos versos (1997). En cuanto a la narrativa, ha publicado también con Xerais títulos como En voz baixa (1998), Honorato, o rato namorado (2007), Verbas de sal (2011) y Recendos de aire sonoro (2011). En castellano, su obra ha sido publicada por diversas editoriales, como Edelvives (Versos de agua), Oxford (Cuentos y poemas para un mes cualquiera, junto a Jordi Sierra i Fabra), Hiperión (Al hilo de la palabra). Su obra Versos de agua (1996) fue incluido por la Fundación Sánchez Ruipérez entre los cien libros de literatura infantil española más importantes del siglo XX.

 http://revistababar.com/wp/antonio-garcia-teijeiro-premio-nacional-de-literatura-infantil-2017/

 

 

Asesoría de bibliotecas escolares 2017 / 2018

Aprender a pensar coa biblioteca escolar

"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a  interpretación gráfica do lema anual. 
Unha biblioteca  escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar".
Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir.