Laura
Carol
Gonzalo
2º ESO
venres, 20 de abril de 2018
luns, 16 de abril de 2018
sábado, 14 de abril de 2018
Un filme cada semana...ou cada mes..."Potiche"
Francia 1977. Os Pujol son unha familia burguesa, propietaria dunha fábrica de paraugas. Suzanne Pujol é unha muller dedicada ao fogar e á súa familia, mentres o seu marido, Robert Pujol, dirixe a fábrica con man de ferro, o cal provoca unha folga. Máis tarde, Robert cae enfermo e a súa muller vese obrigada a intervir na fábrica, mostrándose como unha muller capaz...
Cando fun ver o filme, no cine do Forum Metropolitano, tiña a expectativa de que fose bo, e ao final cumpriuse. A película trata, de forma caricaturizada, o conflito laboral, a desigualdade de xénero, a xestión empresarial e a política, expoñendo tales temas como elementos relacionados entre sí. Considéroa unha película aceptable para pasar o tempo e debater sobre os temas que trata.
Román Díaz Allegue, 2º Bacharelato Vespertino.
,
xoves, 12 de abril de 2018
martes, 10 de abril de 2018
venres, 6 de abril de 2018
domingo, 1 de abril de 2018
Un filme cada semana...ou cada mes..."The artist"
A película conta a historia dun actor de cine mudo moi famoso, que coñece a unha rapaza aspirante a actriz. Ela faise famosa coa chegada do cinema sonoro, mentres el inicia a súa decadencia...
A película gustoume bastante, é divertida e á vez dramática, e moi entretida. Ao ser en branco e negro, e muda, pensei que non me ía gustar, pero ao ser moderna, si que me gustou. A banda sonora é do mellor da película.
Ademais de entreterme, o filme transmíteme algúns valores, como que non hai que ser orgulloso, porque podes afundirte máis rápido (pásalle a George, o protagonista masculino), e que, se persegues os teus soños, podes conseguir que se fagan realidade, ademais de que a humildade e a bondade nunca se deben perder; isto transmíteo Peppy, a personaxe feminina.
En resumo, póñolle case as cinco estrelas que podía adxudicarlle.
Jesús Mocerino, 3º ESO V.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)