luns, 8 de xuño de 2015

UN LIBRO CADA SEMANA

UNHA PELÍCULA BASEADA NUN LIBRO CADA SEMANA

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO DO 2015



Estraños nun tren.

   Vou comentar brevemente o filme Extraños nun tren, de Alfred Hitchcock, baseado na novela do mesmo título de Patricia Higsmith.
   A película conta como Guy, o protagonista, que vai nun tren, recibe unha extraña proposición de Bruno, outro viaxeiro ao que acaba de coñecer. A proposición é que Bruno matará á muller de Guy e Guy ao pai de Bruno. Pero as cousas complícanse e non todo sae como Bruno esperaba....
   A película gustoume moito, porque ten bastante intriga (a Hitchcock chamábano "o mago do suspense), e tamén humor negro. As interpretacións foron moi boas, sobre todo o actor que interpreta a Bruno, que consegue facer do seu personaxe, un  desequilibrado , un personaxe moi crible. Ademais, desde o punto de vista técnico (fotografía, ritmo, música...) está moi ben feita. Recoméndoa.                                          
                                                                          Pilar López de la Osa, 3º ESO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario