UN LIBRO CADA SEMANA. SEMANA DO 22 AO 26 DE XUÑO
Verónica Roth, Diverxente.
Creo que todo o mundo coñece este libro, aínda que sexa de
oídas. A súa protagonista é Tris...pero o primeiro é explicarvos o seu mundo.
Despois dunha
terrible guerra, no mundo só quedaron uns poucos privilexiados que dividiron o
mundo de dentro da muralla en cinco faccións: abnegación, cordialidade,
erudición, veracidade, ousadía, estes últimos, encargados da seguridade da
cidade (ou non?)
Todos os
rapaces de 16 anos fan unha proba para saber en que facción lles toca ir, mais
hai algunhas persoas que poden ser de varias faccións...estes son os chamados
diverxentes.
Tris é unha
diverxente, nacida en Abnegación e trasladada a Ousadía, Pero ten que ter
coidado porque os diverxentes están desaparecendo, asasinados polos líderes de
ousadía e erudición...
O libro
gustoume moito porque te mantén sempre atenta ao que vai pasar; ademais,
mestura accción, amor, amizade e traición, para facer unha auténtica bomba de
reloxería que non poderás parar de ler.
Alicia Cabana Noguera, 3º
ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario