CEN ANOS DA TEORÍA DA RELATIVIDADE XERAL
MESA REDONDA NA BIBLIOTECA (II)
(O primeiro acelerador de partículas que houbo en España. Actualmente é unha das pezas de museo do MUNCYT coruñés)
Neste ano, 2015, cúmprense cen anos des que
vira a luz a Teoría da Relatividade Xeral
de Einstein. Con ese gallo celebrouse unha mesa redonda na biblioteca. Os
rapaces do Club de Lectura rodean o profesor de física e química -e licenciado en químicas-, Miguel García, quen lles dá unha
pequena charla sobre as aplicacións na nosa vida diaria da famosa teoría (un
caso concreto que lles pon de exemplo é o sistema de localización GPS, ou a fabricación de aceleradores de
partículas, onde se avanzou moitísimo: no MUNCYT coruñés temos xa un de museo,
vello).
Estas tertulias manteñen moi alto o interese
dos nosos alumnos. O profesor indicoulles libros adecuados e películas
atractivas sobre o tema. O ano que vén seguiremos con estas mesas redondas na
B. Escolar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario