Powered by
Issuu
Publish for Free
domingo, 17 de decembro de 2017
venres, 8 de decembro de 2017
Un fime, baseado nun libro, cada semana ou cada mes..."Estraños nun tren"
Comentamos hoxe o filme Estraños nun tren, de Alfred Hitchcock, baseado na novela do mesmo título, de Patricia Highsmith. A película trata de dous homes que se coñecen nun tren, empezan a falar e un deles, un psicópata, proponlle ao outro un trato: eliminar cada un á persoa que lle produce problemas ao outro, de maneira que non se poida averiguar quen foi porque son dous descoñecidos. E alí empeza todo....
A película está moi ben, é entretida, diferente ao que estamos afeitos a ver e fainos ver o distinta que era a vida na época en que se rodou (1951). É curiosa a maneira de actuar os intérpretes, moi esaxerada en relación á maneira de actuar hoxe. Canto a que sexa en branco e negro, non impide en absoluto que resulte entretida; é un filme cheo de intriga.
Comparando a película co libro no que se inspira, aínda partindo dun comezo similar, os argumentos cambian bastante, especialmente porque Hitchcock transforma a Guy, un dos co-protagonistas, no heroe da historia, mentres Highsmith quere xogar coa ambigüidade moral que existe entre o ben e o mal. O director establece unha loita entre o ben e o mal para demostrar que o ben soe ser vencedor, mentres a escritora decidiu deixar claro que calquera ser humano é capaz de cometer un asasinato.
Hanan Elmansouri e Gabriel Grandío, 3º ESO V.
martes, 14 de novembro de 2017
venres, 10 de novembro de 2017
mércores, 1 de novembro de 2017
Un filme, baseado nun cómic,cada semana...ou cada mes... "María y yo"
A película, un documental, trata dunha nena autista, seu pai é debuxante de cómic e vive en Barcelona; está separado da nai, que vive en Canarias con María, pero esta tamén pasa temporadas co pai. Nas vacacións, María e seu pai pasan uns días xuntos nun hotel das Palmas .
Eu non sabía moito sobre o autismo, así que aprendín moito sobre o tema. A película transmitiume moita sensibilidade, porque me parece incrible todo o que fai María, coas súas dificultades, e paréceme boísima sobretodo a relación co seu pai, cómo este lle explica todo, moitas veces a través dos debuxos.
A película ensinoume moito sobre a paciencia e a axuda para superarse, cómo se pon o pai de María na pel dela e fai o mesmo ca ela para que non se sinta diferente.
Ismael García Martínez, 3º ESO V.
Nota: O cómic María y yo, de Miguel Gallardo, no que se basea o filme, e a súa continuación, María cumple 20 años, están á vosa disposición na biblioteca.
xoves, 12 de outubro de 2017
Un fime cada semana...ou cada mes..."Home" de Yann Arthus Bertrand
Este documental trata sobre a contaminación e a explotación do planeta e tamén sobre os efectos do cambio climático. Comeza no principio, cando non había humanos no planeta, e vainos mostrando como, ao pasar os anos, o ser humano provocou escaseza de auga e comida, deforestación, desconxelación dos Polos, etc. Presenta diversas cidades e países do mundo, selvas, ríos, lagos, glaciares...Conta cousas que nos deberían facer darnos conta de todo o que estamos destruíndo, con imaxes impactantes, moi realistas, e, aínda que a mensaxe nos parece algo esaxerada e bastante pesimista, cremos que pode contribuír a concienciarnos sobre o maltrato que estamos dando á nosa casa, a Terra.
Do punto de vista visual, as imaxes son impactantes na súa maioría, as paisaxes filmadas desde helicóptero gustáronnos a todos. En cambio, tanto a música como o a voz narradora provocaron diversidade de opinións. No que concordamos todos é en recomendalo.
3ª ESO V.
Un libro cada semana...ou cada mes..."En el gallo de hierro"
Viaxamos á China post-maoísta acompañando a Paul Theroux, que colle o tren en Londres, atravesa Europa, chega a Rusia, onde monta no Orient Express que o levará a Mongolia, percorre despois toda China e finaliza no Tibet.
A viaxe é longa, por veces incómoda (ese frío, case omnipresente e imposible de evitar), interesantísima. Theroux fala con todo tipo de viaxeiros, que ofrecen una visión ente crítica e desencantada da chamada "Revolución Cultural"; é destacable o pobre concepto que teñen, en xeral, de Mao. Chama a atención que habitualmente o viaxeiro vai acompañado de "guías" proporcionados polo goberno, que se encargan, supoñemos, de que non investigue máis da conta...
China móstrase como un país complexo, variado, estraño, en moitos aspectos, á nosa sensibilidade. A impresión é que Theroux non se sentiu a gusto; de feito, case ao final, menciona Lhasa, capital do Tibet, com o único lugar no que desfrutou e lamentou abandonar. En todo caso, acompañalo resultou unha experiencia estupenda.
Susana Piensos.
domingo, 8 de outubro de 2017
PREMIO LITERARIO
O vigués Antonio García Teijeiro
PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL 2017
«Un poema pode cambiar o comportamento dun neno»
Entre su extensa bibliografía poética podemos encontrar los dos títulos que anteceden al que ha sido premiado: Palabras do mar (Embora) y En la cuna del mar (Creotz), ambos de 2015, pero también destacamos otros poemarios como Ventos (1992), Lueiro de papel (1995), Na fogueira dos versos (1996), Os nosos versos (1997). En cuanto a la narrativa, ha publicado también con Xerais títulos como En voz baixa (1998), Honorato, o rato namorado (2007), Verbas de sal (2011) y Recendos de aire sonoro (2011). En castellano, su obra ha sido publicada por diversas editoriales, como Edelvives (Versos de agua), Oxford (Cuentos y poemas para un mes cualquiera, junto a Jordi Sierra i Fabra), Hiperión (Al hilo de la palabra). Su obra Versos de agua (1996) fue incluido por la Fundación Sánchez Ruipérez entre los cien libros de literatura infantil española más importantes del siglo XX.
http://revistababar.com/wp/antonio-garcia-teijeiro-premio-nacional-de-literatura-infantil-2017/
Asesoría de bibliotecas escolares 2017 / 2018
Aprender a pensar coa biblioteca escolar
"Aprender a pensar coa biblioteca escolar"
é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018
con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O
ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a interpretación gráfica do lema anual.
Unha biblioteca escolar actualizada no seu modelo, nos seus
recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con
profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón
unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu
pensamento crítico, a "aprender a pensar".
Aprender a pensar a través dos contos, da tradición
oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das
lecturas de materiais de divulgación científica, a través das
investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a
pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades
compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun
profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e,
tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos para
desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de
filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o
seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o
alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a
formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais
e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca
vivir.
martes, 19 de setembro de 2017
Un libro cada semana...ou cada mes..."Un ianqui por Europa camiño de Terra Santa".
Iniciamos este curso, no que a Biblioteca do instituto vai traballar sobre viaxes e descubrimentos, recuperando unha das primeiras recensións aparecidas no blogue, aló polo ano 2014. Velaí vai....
"Sempre me gustou a literatura de viaxes. É unha forma cómoda de viaxar sen moverse do sillón. E sempre me gustou Mark Twain porque me encantan os escritores con sentido do humor. As crónicas de viaxes polo mundo deste marabilloso autor ofrecen ambas as dúas cousas: viaxes e sorrisos (gargalladas ás veces). Hoxe coméntovos brevemente Un ianqui por Europa camino de Terra Santa, onde Twain fai a crónica desa longa peregrinaxe, sempre cunha visión irónica do que se vai atopando: xentes, paisaxes,costumes.
Na obra está o mellor Twain:
.Irreverente:...Quero dicir catro palabras referentes a Miguel Anxo Buonarrotti. Eu soía adorar o espléndido xenio de Miguel Anxo -ese home grande en poesía, pintura, escultura e arquitectura- , grande en canto emprendeu. Pero non quero a Miguel Anxo como almorzo, comida, cea (...). En Xénova, el proxectouno todo. En Milán, el e os seus discípulos proxectárono todo (...). En fin, ese eterno latoso proxectou a Cidade Eterna e, se non menten os homes e os libros, pintou todo canto nela hai (...). Nunca me sentín tan fervorosamente agradecido, tan calmado, tan tranquilo, tan cheo de paz, coma onte, cando me enteirei de que Miguel Anxo estaba morto.
. Autocrítico: Unha pequeña mesquita está no lugar antano ocupado, segundo a tradición, pola vivenda da viúva. Dous ou tres árabes anciáns están sentados á entrada. Entramos e os "peregrinos" arrincaron mostras dos muros (...). Era case arrincar anacos do corazón daqueles vellos árabes.
. Reflexivo: Lagartos grises -eses herdeiros das ruínas e da desolación- móvense entre as rochas ou toman o sol, inmóbiles. Alí onde reinou e sucumbiu a prosperidade, onde houbo alegría e hai tristeza, onde brillou a pompa da vida, substituída agora polo silencio e a morte, alí establece o seu fogar o lagarto e búrlase da vaidade humana.
Ás veces, porén, algunhas das súas observacións sobre as xentes que se vai atopando resultan pouco respectuosas; aforro exemplos, que atoparedes en abundancia ao longo da obra, e que, aínda tentando entendelas como froito da mentalidade doutro tempo, son o que afea una obra, polo demais, moi recomendable."
Susana Piensos.
sábado, 2 de setembro de 2017
UUn libro cada semana...ou cada mes..."Felicidade clandestina"
Recomendamos hoxe unha antoloxía de contos de Clarice Lispector. Lendo a esta grande das letras brasileiras, eu diría que das universais, ficamos seducidos pola mestura entre realismo e capacidade de penetración psicolóxica, que nos deixa sempre un pouso de desconforto. O título do libro transmite a dificultade dalgúns seres para atrapar a súa parte de felicidade...como a propia Lispector, protagonista, de nena, de varios dos contos.
Algúns relatos teñen un argumento claro, outros son case meros conxuntos de reflexións filosóficas, pero todos eles exercen unha fascinación sobre nós, resultan incomparables cos de calquera outro autor.
O libro está traducido a castelán, pero é unha autora facilmente comprensible en portugués, así que pode ser unha moi boa introdución na lectura nesa lingua para quen aínda non o fixo, e unha oportunidade de submerxirse na hipnótica literatura de Lispector.
Susana Piensos.
mércores, 16 de agosto de 2017
Un libro cada semana...ou cada mes..."El atlas esmeralda"
Kate, a maior de tres irmáns, non pode esquencer a fría despedida da súa nai na noiteboa de hai dez anos. Desde aquel día, a súa vida baséase en protexer aos seus dous irmáns pequenos. A súa infancia pasouna en orfanatos, o último no que estiveron foi una mansión medio abandonada onde vivirán grandes aventuras.
Ë un libro bastante interesante, dos que te "enganchan" e, cada vez que o lembras dá ganas de relelo. Gústame especialmente a parte final, xunto co capítulo do orfanato onde a historia se volve máis interesante porque descobren os pasadizos secretos e os libros máxicos.
Pablo Flórez Vilela.
martes, 1 de agosto de 2017
Un libro cada semana...ou cada mes..."El guardían entre el centeno"
O libro comenza cando Holden, un mozo de 17 anos, nos conta o que lle ocorreu o pasado Nadal, tendo aínda 16 anos. O día en que empeza a contarnos a súa historia acábano de botar dun colexio, Pencey, colexio de gran prestixio pero que non lle gusta...Holden é un rapaz animado, ás veces simpático e outras veces "borde".
Pareceume un libro fácil e rápìdo de ler, gustoume porque o protagonista non se corta en dicir palabras obscenas, como o faría un mozo da súa idade. Impresionáronme as dificultades que tivo, non me gustou tanto que bebese e fumase .Ás veces é divertido e fai cousas tolas, gústame; outras, demasiado formal, non me gusta tanto. En todo caso, o libro pareceume estupendo.
Miguel Martínez García.
domingo, 16 de xullo de 2017
Un libro cada semana...ou cada mes..."Manolito Gafotas"
Manolito García Moreno, máis coñecido como Manolito Gafotas, estuda no colexio "Diego Velázquez". Manolito é un rapaz tranquilo, vive en Carabanchel co seu avó Nicolás, seu irmán, O Imbécil, a súa mamá Catalina e o seu papá Manolo. Pásao moi ben cos seus amigos, encántalle pasar o tempo co seu avó, pero a súa nai zóscalle por facer o que non debe....
A novela está narrada en primera persoa, o propio Manolito conta a súa vida. O libro gustoume, é moi divertido, fácil de entender e cómodo de ler...Gustáronme especialmente algunhas das historias, como a da Paz Mundial, protagonizada pola señorita Asunción e a festa de carnaval ou a do Aniversario Feliz , na que o protagonista, xunto con Manolito é o avó....Recomendo que o leades, é moi divertido.
Alisson Girón Parrales.
A novela está narrada en primera persoa, o propio Manolito conta a súa vida. O libro gustoume, é moi divertido, fácil de entender e cómodo de ler...Gustáronme especialmente algunhas das historias, como a da Paz Mundial, protagonizada pola señorita Asunción e a festa de carnaval ou a do Aniversario Feliz , na que o protagonista, xunto con Manolito é o avó....Recomendo que o leades, é moi divertido.
Alisson Girón Parrales.
domingo, 9 de xullo de 2017
Un libro cada semana...ou cada mes..."A metamorfose"
Unha mañá, Gregorio Samsa desperta transformado nun monstruoso insecto...Este é o principio desta obra que se interpretou de diversas maneiras, para min a máis interesante sería que é unha reflexión sobre o rexeitamento e a incomprensión social. O seu autor, Franz Kafka, xudeu que escribía en alemán, está considerado como un dos autores máis importantes da literatura universal.
O libro gustoume, aínda que me impresionou o maltrato da familia a Gregorio; por outra banda, fáltalle algo de suspense. A mensaxe que a min me transmite é que debes aprender a amarte como es.
Freyder Zambrano Salinas.
domingo, 2 de xullo de 2017
Unha novela gráfica cada semana...ou cada mes..."Maus"
O libro conta a historia dunha familia xudía vista por un dos superviventes, o pai do escritor. Sucede en Alemaña, na época nazi; por culpa do nazismo morre toda a familia excepto os pais do escritor, que marchan aos Estados Unidos despois da guerra. A historia cóntalla o pai ao fillo cando a nai xa morrera, catorce anos atrás. Os personaxes son animais antropomórficos, utilizándose os ratos para representar aos xudeus e os gatos para os alemáns.
O libro é moi interesante, dá que pensar sobre o calvario que pasaron os xudeus na época nazi. Graficamente é moi efectivo que estea en branco e negro, porque representa moi ben o drama dos xudeus naquela época; tamén nos gusta que os protagonistas aparezan representados por ratos e gatos. Os debuxos están moi ben feitos. Quizais a utilización de flash-backs resulte por veces confusa, e a tradución non está demasiado coidada (confúndese constantemente os verbos "ser" e "estar").
En resumo, o libro non nos disgustou, é fácil de ler e ao ser cómic resulta ameno .
Ismael Ramírez, Alfonso Soilán e Álvaro Suárez, 3º ESO.
domingo, 25 de xuño de 2017
Un libro cada semana...ou cada mes..."Con el diablo en los talones"
O libro trata sobre un adolescente chamado Desiderio, "Desi", estudante de Vallecas, que se sente incomprendido; é traficante no instituto e ten un amigo inseparable, GeBé, que non é a mellor influencia. Desi, comido polas drogas, coñece a Paz, inmigrante alxeriana, namorada da poesía, que consegue limpalo das drogas e que non teña vergoña da súa verdadeira forma de ser.
Este é o meu libro favorito, non pararía de lelo se non fose eu tan vago; para min é unha historia emocionante e para nada aburrida, xa que no libro se demostra como unha persoa pode cambiarche a vida e sacarte dun mundo que non é o máis apropiado para ninguén. Ademais, é un libro no que se utiliza a mesma linguaxe ca nós, os adolescentes. Moi recomendable.
Pablo Flórez Vilela. 3ª ESO.
luns, 19 de xuño de 2017
O mosteiro de Santa María de Armenteira
Á veira do río Armenteira está este mosteiro. Traballo feito por Guillermo Alonso-Jáudenes:
domingo, 18 de xuño de 2017
Un libro cada semana...ou cada mes..."El valle de los lobos"
Dana creceu xunto aos seus irmáns e, aínda que nunca a trataron de forma especial, todos podían ver que era diferente. Até que coñeceu a Kai, que nunca se separa dela, ni sequera cando chega o Mestre e a leva ao Val dos Lobos, onde aprende maxia para derrotar ao Mestre e desfacer a maldición...
Trátase dun libro que te "engancha" a ler sen parar. Sorprendeume que tratase de maxia; non ten demasiados personaxes e a acción só se desenvolve na viliña onde naceu Dana e no Val dos Lobos. O libro encantoume e considéroo para todas as idades, así que o recomendo a todos.
Álvaro Suárez Méndez, 3º ESO.
sábado, 17 de xuño de 2017
venres, 16 de xuño de 2017
mércores, 14 de xuño de 2017
domingo, 11 de xuño de 2017
Un libro cada semana...ou cada mes..."Sword Art Online"
A acción sitúase en Xapón. Un xogador chamado Kirito foi atrapado con outros moitos xogadores de Sword Art Online no interior do xogo sen poder saír; a única forma de sobrevivir é gañar...
Encantoume o anime que está baseado nesta serie de novelas; está moi utilizada a idea "Un mundo en realidade virtual" pero ten máis acción ao darlle o toque de que, se morres no xogo, morres na vida real. Gustoume como o protagonista, Kirito, se supera sempre e, a pesar de ser un betatester (os outros xogadores mirábanos mal), deu o mellor de si mesmo e axudou sempre no que puido. Tamén me encantou a relación con Asuna, que non vou contar...
Ismael Ramírez Jiménez, 3º ESO.
martes, 6 de xuño de 2017
Os río e a espiritualidade
Unha selección de traballos feitos na materia de Relixión, co profesor Antonio Fondo.
Tambre e Sobrado:
Relixiosidade no Anllóns, por Andrea Barreiro, Elena Cotelo, Paula Peña e Sofía Pérez:
San Roque en Vilagarcía:
Aportes do románico en Xaviña:
Tambre e Sobrado:
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
luns, 5 de xuño de 2017
Os ríos e a espiritualidade: Monasterio de Sobrado dos Monxes
Traballo feito por Marta Lampón e Carolina Sanmartín:
domingo, 4 de xuño de 2017
Un filme cada semana...ou cada mes..."Entre les murs"
A película trata sobre unha clase de Secundaria nun instituto francés, que empeza un novo curso con moitas diferenzas debido á diversidade de razas, e van xurdindo problemas...a clase non é "exemplar", falan moito e os profesores xa están cansados. O comportamento dos alumnos non é o axeitado, xa que intentan facerse os graciosos e intentan "vacilar" ao profesor; algúns alumnos son insoportables e o tutor, o profesor de lingua, ten moita paciencia....aínda que finalmente Suleimán, alumno cun comportamento malísimo, ten un grave incidente co profesor...
Comparando esa clase coa nosa, vemos alguhas diferenzas, en primeiro lugar, de comportamento: nós portámonos moito mellor, aínda que eles tratan ao profesor de "vostede", e considérase o tratalo de "ti" unha falta de respecto. Por outra banda, chamounos a atención que as delegadas de curso entrasen ás avaliacións. Ademais, o instituto recordounos a un cárcere, especialmente o patio de recreo.
O que en xeral non nos gustou foi o final, que non imos contar, pero que esperabamos diferente. En calquera caso, é unha película que fala de cousas que nos resultan moi familiares, polo que foi interesante vela.
3º ESO V.
sábado, 3 de xuño de 2017
venres, 2 de xuño de 2017
Traballos de Relixión (III)
Prerrománico asturiano:
Leis:
Parga:
Os estigmas:
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
xoves, 1 de xuño de 2017
Traballos de Relixión (II)
Muros do mundo:
Os refuxiados:
Ríos de Espiritualidade:
As diferentes ramas do Cristianismo:
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
mércores, 31 de maio de 2017
Traballos de Relixión (I)
O Códice Calixtino:
Os Templarios:
Os milagros de Caión:
Iglesia de Moraime:
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
martes, 30 de maio de 2017
Ríos simbólicos que separan
Un gran traballo feito por Daniel Abelenda, Marcos Fernández, Carlos Garea e Raquel Iglesias, baixo a dirección do profesor Antonio Fondo.
luns, 29 de maio de 2017
Toledo, cidade de converxencia de culturas
Traballo feito polos alumnos Marta Roura, Jorge Blanco, Gonzalo Morán e Alejandro de Sá, baixo a supervisión do profesor Antonio Fondo.
domingo, 28 de maio de 2017
Os franciscanos en A Coruña
Un interesante traballo feito por Teresa Fernández, Inés Sánchez, Jorge Cambón e Daniel Cardezo, baixo a dirección do profesor Antonio Fondo.
sábado, 27 de maio de 2017
venres, 26 de maio de 2017
Posters para celebrar o Día das Letras Galegas 2017
Pasando as páxinas poderás disfrutar do traballo que fixeron os alumnos para lembrar que a nosa lingua está máis que viva.
Powered by
Issuu
Publish for Free
xoves, 25 de maio de 2017
Os ríos. Traballos dos alumnos de 4º da ESO en TIC
Os alumnos de 4º da ESO fixeron, na materia de TIC, unha presentación sobre un río, escollido por eles por algún motivo que lles resultara interesante. Aquí presentamos unha selección dos mellores traballos.
O río Nilo, por Marta Meléndez e Carmen Vigo
O río Llobregat, por Marta Carmona
O río Hudson, por Sara Freire e Blanca Rodríguez
O río Turia, por Santiago Núñez y Miguel Ramírez.
O río Nilo, por Marta Meléndez e Carmen Vigo
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
mércores, 24 de maio de 2017
El agua, por Miguel Amor Poncet
Seguindo coas entregas publicadas con traballos sobre o auga, aquí temos o traballo que Miguel fixo empregando un software de presentacións.
luns, 22 de maio de 2017
Paxareando por Coruña (e 10)
E chegamos á derradeira entrega dos paxaros que habitan - as veces, sobreviven- na nosa bisbarra. En total 51 láminas nas que o alumno de segundo de bacharelato nocturno Rodrigo López Pérez, animado pola profesora Susana Piensos, nos desvelou moitos segredos dos descendentes alados dos dinosaurios.
Nesta entrega temos unha lámina máis, na que Rodrigo fai unha fonda reflexión... pero mellor será que a leas ti. Gracias Rodrigo pola túa dedicación, e por espallar o que ben coñeces!
domingo, 21 de maio de 2017
Traballos sobre a auga de cuarto ESO B e C
Seguindo coa entrada de onte, publicamos os traballos que sobre o auga fixeron alumnos de cuarto da ESO B e C, baixo a supervisión do profesor Miguel García Rodríguez.
Feito por varios alumnos de 4º ESO B:
Powered by
Issuu
Publish for Free
Sara Canzobre (4º ESO B):
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
E aínda temos algún máis. Estade pendentes que axiña os poderás ver.
sábado, 20 de maio de 2017
Un libro cada semana...ou cada mes..."Momo"
"Momo" é una novela escrita por Michael Ende, publicada en 1973. Trata sobre unha nena chamada Momo, de orixe descoñecida, que vive nas ruínas dun anfiteatro romano. Un día, os habitantes do lugar coñécena e inician unha boa amizade con ela, pois ten a capacidade de escoitar e de mellorar as relacións entre persoas. Pero este ambiente será interrompido pola presenza dos "homes grises", que deciden apoderarse do tempo das persoas como se fose diñeiro.
A obra trata temas como a amizade, o paso do tempo e a maneira en que o empregamos, e sobre a estafa e as prácticas dubidosas da economía financeira, reflectidas nos actos dos homes grises.
Na miña opinión é un libro moi interesante, pola súa historia e porque é sinxelo de ler, e pode ser un título apto para aqueles que queren comezar a ter hábitos de lectura. Ademais, ten unha bonita mensaxe sobre a amizade e o valor do tempo.
Román Díaz Allegue, 2º Bacharelato Nocturno.
Traballos sobre a auga de 4º ESO A
Vos presentamos unha serie de traballos arredor do tema da auga, feitos na materia de Física/Química de 4º da ESO, coa axuda do profesor Miguel García Rodríguez. Como vos daredes conta, estes traballos teñen boa relaciónco proxecto deste curso: "Os ríos, fonte de vida".
O primeiro é de Carolina:
Powered by
Issuu
Publish for Free
O segundo, de Ariadna:
Powered by
Issuu
Publish for Free
O terceiro, de Manuel González:
Powered by
Issuu
Publish for Free
Mañá terás outra tanda de bos traballos para disfrutar.
xoves, 18 de maio de 2017
Paxareando por Coruña (9)
Penúltima entrega das láminas preparadas polo alumno de segundo de bacharelato nocturno Rodrigo López Pérez. Neste capítulo nos fala das 'Aves de lagos e ríos'.
martes, 16 de maio de 2017
Ríos de Letras
Powered by
Issuu
Publish for Free
Para disfrutalos "a máxima potencia" nestas datas do Día das Letras Galegas, escolle a opción da páxina completa.
xoves, 11 de maio de 2017
Un libro cada semana...ou cada mes..."La historia del loco"
Pasaron vinte anos desde que o Western Hospital pechou as súas portas...Francis Petrel fora recluído alí pola súa familia de mozo; despois, xa fóra, levou unha vida sen rumbo, até que un reencontro preto da institución remove recordos sombríos que cría esquencidos, e un crime sen resolver, que conduciron ao peche do hospital. Pajarino, o seu alcume dentro do hospital, nárranos a súa historia e recordos; é, pois, narrador e protagonista da historia.
O autor deste libro, John Katzenbach, é escritor, guionista de cine e xornalista, especializado en asuntos xudiciais e traballa en xornais pretixiosos nos EUA.
O libro encádrase dentro da literatura de suspense, é moi interesante e o estilo é fácil, así que espero ler máis libros deste autor.
Freyder Zambrano Salinas 3º ESO.
luns, 8 de maio de 2017
Paxareando por Coruña (8)
Antepenúltima entrega
das láminas preparadas polo alumno de segundo de bacharelato nocturno Rodrigo López Pérez. Seguimos coas 'Forzas aéreas da Natureza', para pasar aos 'Turistas alados'.
Un famoso divulgador científico dixo que "Quen non coñece algo, non pode chegar a admiralo, e tampouco terá interés en protexelo". Parece certo que Rodrigo nos está dando unhas boas leccións sobre a variedade de animais dotados da máxica capacidade de voar nos ceos e iso nos axuda a ter moitos motivos para preservar o seu entorno.
Un famoso divulgador científico dixo que "Quen non coñece algo, non pode chegar a admiralo, e tampouco terá interés en protexelo". Parece certo que Rodrigo nos está dando unhas boas leccións sobre a variedade de animais dotados da máxica capacidade de voar nos ceos e iso nos axuda a ter moitos motivos para preservar o seu entorno.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)