A película trata sobre unha clase de Secundaria nun instituto francés, que empeza un novo curso con moitas diferenzas debido á diversidade de razas, e van xurdindo problemas...a clase non é "exemplar", falan moito e os profesores xa están cansados. O comportamento dos alumnos non é o axeitado, xa que intentan facerse os graciosos e intentan "vacilar" ao profesor; algúns alumnos son insoportables e o tutor, o profesor de lingua, ten moita paciencia....aínda que finalmente Suleimán, alumno cun comportamento malísimo, ten un grave incidente co profesor...
Comparando esa clase coa nosa, vemos alguhas diferenzas, en primeiro lugar, de comportamento: nós portámonos moito mellor, aínda que eles tratan ao profesor de "vostede", e considérase o tratalo de "ti" unha falta de respecto. Por outra banda, chamounos a atención que as delegadas de curso entrasen ás avaliacións. Ademais, o instituto recordounos a un cárcere, especialmente o patio de recreo.
O que en xeral non nos gustou foi o final, que non imos contar, pero que esperabamos diferente. En calquera caso, é unha película que fala de cousas que nos resultan moi familiares, polo que foi interesante vela.
3º ESO V.
Ningún comentario:
Publicar un comentario