Este documental trata sobre a contaminación e a explotación do planeta e tamén sobre os efectos do cambio climático. Comeza no principio, cando non había humanos no planeta, e vainos mostrando como, ao pasar os anos, o ser humano provocou escaseza de auga e comida, deforestación, desconxelación dos Polos, etc. Presenta diversas cidades e países do mundo, selvas, ríos, lagos, glaciares...Conta cousas que nos deberían facer darnos conta de todo o que estamos destruíndo, con imaxes impactantes, moi realistas, e, aínda que a mensaxe nos parece algo esaxerada e bastante pesimista, cremos que pode contribuír a concienciarnos sobre o maltrato que estamos dando á nosa casa, a Terra.
Do punto de vista visual, as imaxes son impactantes na súa maioría, as paisaxes filmadas desde helicóptero gustáronnos a todos. En cambio, tanto a música como o a voz narradora provocaron diversidade de opinións. No que concordamos todos é en recomendalo.
3ª ESO V.
Ningún comentario:
Publicar un comentario