O libro conta a historia dunha familia xudía vista por un dos superviventes, o pai do escritor. Sucede en Alemaña, na época nazi; por culpa do nazismo morre toda a familia excepto os pais do escritor, que marchan aos Estados Unidos despois da guerra. A historia cóntalla o pai ao fillo cando a nai xa morrera, catorce anos atrás. Os personaxes son animais antropomórficos, utilizándose os ratos para representar aos xudeus e os gatos para os alemáns.
O libro é moi interesante, dá que pensar sobre o calvario que pasaron os xudeus na época nazi. Graficamente é moi efectivo que estea en branco e negro, porque representa moi ben o drama dos xudeus naquela época; tamén nos gusta que os protagonistas aparezan representados por ratos e gatos. Os debuxos están moi ben feitos. Quizais a utilización de flash-backs resulte por veces confusa, e a tradución non está demasiado coidada (confúndese constantemente os verbos "ser" e "estar").
En resumo, o libro non nos disgustou, é fácil de ler e ao ser cómic resulta ameno .
Ismael Ramírez, Alfonso Soilán e Álvaro Suárez, 3º ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario