Recomendamos hoxe unha antoloxía de contos de Clarice Lispector. Lendo a esta grande das letras brasileiras, eu diría que das universais, ficamos seducidos pola mestura entre realismo e capacidade de penetración psicolóxica, que nos deixa sempre un pouso de desconforto. O título do libro transmite a dificultade dalgúns seres para atrapar a súa parte de felicidade...como a propia Lispector, protagonista, de nena, de varios dos contos.
Algúns relatos teñen un argumento claro, outros son case meros conxuntos de reflexións filosóficas, pero todos eles exercen unha fascinación sobre nós, resultan incomparables cos de calquera outro autor.
O libro está traducido a castelán, pero é unha autora facilmente comprensible en portugués, así que pode ser unha moi boa introdución na lectura nesa lingua para quen aínda non o fixo, e unha oportunidade de submerxirse na hipnótica literatura de Lispector.
Susana Piensos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario