Viaxamos á China post-maoísta acompañando a Paul Theroux, que colle o tren en Londres, atravesa Europa, chega a Rusia, onde monta no Orient Express que o levará a Mongolia, percorre despois toda China e finaliza no Tibet.
A viaxe é longa, por veces incómoda (ese frío, case omnipresente e imposible de evitar), interesantísima. Theroux fala con todo tipo de viaxeiros, que ofrecen una visión ente crítica e desencantada da chamada "Revolución Cultural"; é destacable o pobre concepto que teñen, en xeral, de Mao. Chama a atención que habitualmente o viaxeiro vai acompañado de "guías" proporcionados polo goberno, que se encargan, supoñemos, de que non investigue máis da conta...
China móstrase como un país complexo, variado, estraño, en moitos aspectos, á nosa sensibilidade. A impresión é que Theroux non se sentiu a gusto; de feito, case ao final, menciona Lhasa, capital do Tibet, com o único lugar no que desfrutou e lamentou abandonar. En todo caso, acompañalo resultou unha experiencia estupenda.
Susana Piensos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario