luns, 9 de marzo de 2015

UN LIBRO CADA SEMANA





 




Este libro, que trata de ensinarnos a realidade da pobreza no mundo así como as dificultades que nos esperan ao longo da vida, narra a historia dun neno de cinco anos chamado Zezé que naceu pobre e nunha familia de sete individuos.

O seu pai, despedido do seu emprego, foi o causante da amargada vida que tivo pola falta de cartos.

Non obstante, el e a súa familia non se renden e comezan a traballar pra poder manter a casa. De alí a un pouco, deciden mudarse e, neste momento, Zezé atopa o seu primeiro aínda que extraño amigo: Minguiño, a planta de laranxa lima.

A partir dese momento, a vida do neno foi a mellor. O seu tío, Edmundo, descubriu que aínda que non lle ensinaran Zezé sabía ler e, unha vez na escola, simpatizou coa súa mestra.

Máis tarde aconteceu o mesmo co señor Ariovaldo, o cantante, e non tardaron en facer as súas cantigas en dueto. A este seguiulle Manuel de Valadares, un Portugués cun coche luxoso ó que lle xurou a querra pero, ao descubrir as súas outras facetas, quereuno mesmo coma a un pai.

Pero, como a vida non é sempre doce e alegre, a traxedia aconteceu. O seu irmán Totoca contoulle que, ao ensanchar as rúas, ían cortar a súa planta de laranxa lima. Zezé non llo creu e decidiu sair a xogar.

Preto da estación do tren estendíase o rumor de que o Portugués morrera atropelado polo Mangarativa, o tren máis rápido e forte da liña, e non tardou en chegar aos oídos de Zezé. Afectoulle tanto que enfermou, sopesando a idea de que se a vida era tan mala, Minguiño tamén podería morrer. Estivo a pouco de finar, e cando se recuperou a súa irmá deulle a primeira flor da súa planta de laranxa e lima. Non só foi a primeira, tamén a derradeira.
(Marcos Freire, 1º da ESO)

Ningún comentario:

Publicar un comentario