UN LIBRO (OU UNHA PELÍCULA BASEADA NUN LIBRO)
CADA SEMANA
SEMANA DO 16 AO 20 DE MARZO DO 2015
A CLASE
Recentemente
vin a película “A Clase”, baseada no libro do mesmo título do autor
François Bégaudeau.
Gustoume moito a película porque puiden ver un
pouco máis como son os institutos noutros lugares, neste caso en Francia. Teñen
distintos sistemas de aprendizaxe e métodos diferentes para valorar os alumnos.
O comportamento do alumnado cando contestábanlle ao profesor é moi rebelde.
Había unhas nenas e un neno que destacaban na película. Ás nenas non lles
gustaba que o profesor estivese encima delas todo o tempo, outras non se
cortaban co que querían dicir pero todos defendíanse uns a outros.
O profesor da película preocupábase polos seus
alumnos, aínda que está cansado do seu comportamento. Quere ou intenta axudalos
a ser un pouco mellores en persoa.
O que non me gustou é que o profesor para
dicir descoidadas ás delegadas utilizou a expresión de “golfas”, xa que ten
outros significados, e non me pareceu moi adecuado para o que quería dicir.
Houbo unha diferenza entre ese colexio de
Francia e o de aquí. Os alumnos alí eran máis abertos cando falaban co profesor
e mostrábanlle a súa rebeldía. Aquí poucos son os rebeldes co profesor. Cando
facían as avaliacións, aparte de estar os profesores, tamén acudían as
delegadas da clase opinando sobre os alumnos.
Jaqueline
Micaela Calle Francisco. 3º da ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario