sábado, 24 de novembro de 2018

Un libro cada semana...ou cada mes..."Percival e outras historias"



 Gústache o misterio, o diferente, o surrealista...este é o teu libro. Tes prexuízos ou, simplemente, es clásico, non che gusta explorar novos mundos... este libro non é para ti.
   Se tivese que resumir este libro nunha palabra, sería "surrealista"; compararíao cun chiste: de súpeto, estás falando con alguén, e sáltache un chiste; non o esperabas, pero gústache...é o mesmo sentimento que tes ao ler este libro.
  O que me gusta especialmente é que está formado por pequenas historias, cada unha  diferente, algunhas faranche rir, e non miro a ninguén...Cando leas o libro, entenderalo;  sobre todo, entenderás a Kelma...con certas historias sentirás tenrura, con outras, comprensión, outras non che deixarán palabras para definilas....
  É, sobre todo, un libro para xente atrevida, que no teña medo a experimentar con distintos sentimentos dentro dun mesmo libro.
 
                                                    Juan Pardo Lage 1º Bacharelato Adultos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario