xoves, 6 de decembro de 2018

Un filme cada semana...ou cada mes..."Django desencadeado"

 
 
 
 Esta película,  do ano 2012, cóntanos unha interesante historia. Na Texas do século XIX, Django, un escravo negro, é vendido ao dentista e cazarrecompensas alemán King Schultz. O que Django non espera é que o señor Schultz lle ensine o oficio de cazarrecompensas, o adestre e lle ofreza a liberdade a cambio de axudalo no seu traballo. Django e Schultz  traban unha grande amizade e o alemán ofrécelle a Django ir na procura da súa muller, Broomhilda...
  Marabillosa obra de Tarantino, na que gozamos das grandes actuacións de Jamie Foxx, Christoph Waltz, Kerry Washington e Leonardo di Caprio, entre outros.
  Moi entretida, con momentos moi dramáticos entrelazados con outros bastante cómicos e xiros sorprendentes. Merece a pena vela, non vos arrepentiredes!
 
                                                 Azahara Argibay Gallego, 1º Bacharelato Adultos.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario