xoves, 1 de novembro de 2018

Un filme cada semana...ou cada mes..."A vida é bela"

 
   Unha familia italiana é capturada polos nazis. O pai,  xudeu, e o seu fillo son separados da nai, camiño dun campo de concentración. O pai fai crer ao neno que é todo un xogo mentres viaxan nos vagóns do tren: ten que esconderse para gañar máis puntos...
   Gustoume a película, especialmente por estar baseada en feitos reais. Premiada con varios Óscar e rodada hai bastantes anos, consérvase bastante ben. A banda sonora é magnífica e os protagonistas resultan moi simpáticos. Resulta moi tráxica a morte do pai , aínda que co seu maior soño cumprido: que o neno sobreviva e termine nos brazos de súa nai. Un final precioso, no que o home será sempre lembrado pola súa familia...
 Non me gustou o trato aos xudeus, nin a dureza á que eran sometidos nos campos de concentración...a película lembroume os tristes anos en que Hitler gobernaba Alemaña e todas as persoas que faleceron neses horribles campos.
  É una película que recomendaría insistentemente, por todos os sentimentos que pode chegar a transmitir ao ver esa familia que remata unida nun abrazo e no recordo. 
                                                                 Raquel Rial. 3º ESA.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario