venres, 24 de febreiro de 2017

Un filme cada semana...ou cada mes..."La habitación de Fermat"




 
 
   A película trata dun conxunto de matemáticos que son citados para unha reunión secreta , á beira dun río. Cando se citan todos no lugar, na outra beira do río un coche indícalles co GPS, até que chegan a unha  fábrica abandonada. Ao entrar, descobren que todo era unha trampa: cando lles soaba o móbil tiñan un minuto para resolver as adiviñas matemáticas antes de ser esmagados...
   Pareceume unha película .bastante interesante, moi entretida e moi intrigante. Ademais de ser unha boa película, facía pensar, as adiviñas eran bastante curiosas..Recomendo que a vexades, non só pola intriga, con escenas moi interesantes, senón polas interpretacións; canto ás adiviñas, tentar resolvelas foi o que menos me gustou, xa que eran bastante  "liosas".
 
                                                                                    Pablo Flórez Vilela.3º ESO.  
 
   

Ningún comentario:

Publicar un comentario