Situados no século XVII, dous xesuítas, chamados Sebastiao Rodrigues e Francisco Garpe, entéiranse dos rumores de que o seu mentor renunciou á súa fe en Xapón tras ser perseguido e torturado. Os dous xesuítas emprenden unha intrépida viaxe ao antigo Xapón, país no que o cristianismo está penado coa morte. Nesta viaxe, os misioneiros vivirán as penurias de ser perseguidos polo réxime nipón, que busca eliminar todo contacto co occidental.
Desde o meu punto de vista é unha película para ver con calma e disfrutar das imaxes e, como o propio nome indica, do silencio...chégase a vivir a angustia dos personaxes e apréndese sobre unha cultura xa case esquecida.
Daniel Corral López, 2º Bacharelato C Nocturno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario