mércores, 1 de marzo de 2017

Un libro cada semana...ou cada mes..."Gatos moi distinguidos" de Doris Lessing




  Neste libriño, conxunto de vivencias protagonizadas  pola autora e os gatos que a acompañaron ao longo da súa vida, Lessing convírtese en personaxe secundaria, por momentos en mera testemuña, relatora das andanzas dos felinos, cunha mestura de humor, ás veces cruel, observación psicolóxica (cada gato ten o seu carácter!) e reflexión sobre o comportamento duns seres que, de non sabermos que son gatos, poderiamos pensar que son humanos, coas súas miserias e as súas grandezas...especialmente a gata negra e a gata gris, rivais durante case todo o libro, competidoras polos favores da autora, ás que só lles faltaría poñerse de pé e falar para definilas como unhas verdadeiras damas.... 
Susana Piensos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario