SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO
Pío
Baroja, El árbol de la ciencia.
En primeiro lugar, xa debería avisar de que
vou ser un pouco crítica con esta obra. Non porque non ocorra nada, senón
porque pasan demasiadas cousas. Explícome.
O tema principal da obra é un home que perde
a súa familia e transfórmase nunha persoa filosófica empedernida e concéntrase
moito en temas filosóficos e a
comprensión do sentido da vida. A partir deste tema, moitas descricións, moitos
personaxes e Baroja non chega a centrarse en nngunha das historias que conta. O
escritor limítase a asistir a esas
historias e contalas superficialmente, pasando rapidamente á seguinte.
Con respecto ao protagonista, é un filósofo
extremo, non creo que ninguén se plantexe a vida coma el, todas as súas
características están esaxeradas, para o meu gusto.
Pero non é todo malo na obra; gústame o estilo de escritura de Baroja, é
fácil de entender, non ten un vocabulario rebuscado nin moi culto. As
descricións dos personaxes parecéronme moi axeitadas a cada situación,
especialmente Iturrioz e Andrés, o
branco e o negro da filosofía, un cos pés totalmente no chan e o outro nas
nubes.
Outra das cousas que me gustou da obra foi a
información sobre a España deses tempos:
a vida cotiá, os personaxes "populares", a mentalidade do pobo...Até
agora non imaxinara a vida daquela época, e axudoume mesmo a comprender
aspectos de historia de España, especialmente o relativo á Xeración do 98.
Lara Pico,
4º ESO.
(Imaxe de San Sebastián cando era unha cidade amurallada; aquí, en Donostia, nace Pío Baroja a finais do XIX; foto tomada da Internet)
Ningún comentario:
Publicar un comentario