DÍA DAS LETRAS
GALEGAS 2015.
(Fotos tomadas da Internet, alusivas ao homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas, o polígrafo Xosé Filgueira Valverde, a quen vemos na histórica foto de arriba o primeiro de pé pola esquerda)
Hoxe celebramos na
Biblioteca a entrega de premios do Concurso Gañapuntos e mais a entrega de
premios do II Concurso de Microrrelatos.
O Concurso
Gañapuntos tivo como vencedora a Alicia Cabana, quen recibiu tres tomos da obra
de Manuel Antonio, un primeiro tomo de Poesía, un segundo de Prosa e un
terceiro tomo coa súa literatura epistolar. Un luxo de edición, levada da man
do académico Xosé Luís Axeitos Agrelo. Tres libros da colección ‘Clásicos da
Academia’ que podemos entregar merecidamente a Alicia, á nosa alumna de 3º da
ESO, mercé á xenerosidade da Fundación Barrié da Coruña.
(Portada da edición dun dos tomos con que puidemos agasallar aos nosos alumnos premiados este ano, mercé á xenerosidade da Fundación Barrié da Coruña)
Os mellores
micrrorrelatos foron dous: un en lingua galega (A fronteira) da autoría de Marcos Freire, alumno de 1º da ESO, e outro en lingua castelá (Las lágrimas resbalaban lentamente) da autoría de Sergio Tojeiro, alumno de 3º da ESO. En
ambos os dous casos debemos subliñar a sensibilidade acusada e a actualidade do
tema, factores que nos fan confiar aínda na mocidade e no futuro. Foron galardonados cun vale
(Vale por un libro ou unha película,
xa vos contaremos o que escolleron).
A nosa B. E.
encheuse de boa xente. A entrega de premios estivo presidida pola Directora do
Instituto, Dª Isabel Ruso e polo bibliotecario, o prof. D. Antonio Fondo;
estaban tamén presentes a vicedirectora, Dª Mª Rosario Soto, a prof.-titora de Alicia, Dª Susana Piensos, a
prof. de Lingua castelá dun dos premiados, Dª Mercedes Rey, e o prof. de Lingua galega do outro premiado,
D. Xosé P. Mondelo.
(Alicia Cabana, á esquerda, acompañada dalgúns compañeiros de aula, colaboradores varios deles do blog 'ofarodesofia'; á dereita vemos tamén a Marcos Freire, un dos gañadores do II Concurso de Microrrelatos)
O xurado do certame
de Microrrelatos estivo composto polos seguintes profesores: Dª Mª Sonsoles
Fernández, D. J. Luis Gundín e Dª Beatriz Moreno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario