domingo, 12 de maio de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes..."O club dos poetas mortos"



      A trama sitúase nos anos 50 do século XX, nunha prestixiosa escola masculina, que ten como bases a disciplina férrea e a obediencia. Os personaxes  principais son un grupo de amigos, alumnos da escola, e un novo profesor de Literatura, ex-alumno da escola, John Keating. Este profesor revoluciona a forma de ensinar porque, segundo el, a poesía non se pode medir, séntese. O seu desexo é que os alumnos pensen por si mesmos...Un día, descobren que pertencía ao Club dos Poetas Mortos, no que el e antigos compañeiros se reunían para ler poesía; os amigos deciden revivir o club.
    A poesía ten moito peso na película. Dáselle especial importancia ao poeta norteamericano Walt Whitman, como se pode apreciar especialmente na última escena, unha das máis lembradas da historia do cine.
   Sen dúbida, a mensaxe principal da película, ademais do poder da poesía, é cómo un profesor pode cambiar o mundo para os seus alumnos, e a importancia que poden chegar a ter nas nosas vidas.
   É una oda á vida, á liberdade e a perseguir os nosos soños sen importar o que dirán. Unha película que todos deberían ver polo menos unha vez na vida. Así que, xa sabedes, calquera fin de semana, a ver a película. E, como diría o señor Keating, "Carpe Diem".
 
                                                    Azahara Argibay Gallego, 1º bacharelato Adultos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario