domingo, 5 de maio de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes..."Grey gardens"

 

 
   É una historia real, na que se mostra até que punto pode chegar o ser humano. Empeza cunha familia americana, de clase alta, que vai de vacacións a East Hamptons...o marido dille á muller que non se pode gastar tanto e que hai que despedir ao servizo; ela non lle dá importancia. Pasan  uns días e a nai e os fillos dan unha festa, até que o marido  irrompe nela; a partir de aí pasarán unha serie de acontecementos e desgracias que provocarán que esta familia, prestixiosa e adiñeirada da alta sociedade de New York, acabe na miseria e na loucura.
   Creo que é unha historia desgarradora, xa que mostra o que é pasar de vivir na opulencia a acabar atrapado nunha casa, todo por non perdela e baixar socialmente, neste caso unha nai, que arrastra á súa filla con ela.
                                                              Juan Pardo Lage. 1º Bacharelato Adultos.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario