A autora e protagonista desta obra difícil de clasificar (mestura entre memorias, novela e autobiografía) invítanos a visitala, ao longo dun ano, marcado polo transcorrer das estacións, na súa granxa de abellas, en medio do bosque, nas montañas Ozarks en Missouri, USA, onde vive soa. O máis fermoso é que todos os elementos da exuberante natureza que a rodea, fauna e flora, se transforman nos seus compañeiros, ou mellor, ela pasa a ser un elemento máis desa natureza, en absoluta harmonía co entorno.
O libro está escrito con sinxeleza, con descricións moi expresivas que nos fan coñecer a perfección coa que se complementan os seres vivos que conviven nun ecosistema; a medida que lemos, imos sentindo que somos unha especie máis, non o centro do mundo. Unha lección de humildade.
Susana Piensos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario