Relemos, neste verán que remata, un clásico da nosa infancia: as historias da estrambótica nena de pelo roxo, forza sobrehumana, maneiras incorrectas e enorme corazón, Pippi Langstrump. Leo a reedición da obra completa co pracer que produce comprobar que os clásicos non envellecen, senón que poden lerse a calquera idade sen perder a súa calidade e capacidade de suxestión.
As historias de Pippi son un moderno conto de fadas, cheo de prodixios que acontecen na vida cotiá de dous nenos, Tommy e Annika, aos que a aparición desta fada atípica lles cambia a vida. Son historias cheas de humor, absurdas, marabillosas, cheas de luz e alegría de vivir, que ocorren nunha pequeña vila atemporal na que un desexaría quedar a vivir para sempre...
Se xa a coñecedes, relédea.Se non, achegádevos a ela; vale a pena.
Susana Piensos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario