A película trata dun periodista que despois da morte do magnate da prensa, Charles Foster Kane, investiga sobre a súa vida preguntándolles ás persoas que formaron parte dela e así coñecémola desde diferentes perspectivas...o que intenta é descubrir o significado da última palabra de Kane ao morrer: Rosebud...
Moitos críticos din que é a mellor película da historia do cine, pero na miña opinión esaxeran...gustoume bastante, pero non é para tanto.
Gustoume pola intriga, até o final, de que é Rosebud (e que non vos vou contar, claro), pero resultoume un fnal escaso. Tamén me gustou que o personaxe se presente desde diferentes puntos de vista . Por último, destaco tamén a fotografía, nun branco e negro moi expresivo.
Pilar López de la Osa, 4º ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario