Wallace e e seu canciño Gromit traballan cazando coellos nas hortas da xente para que non coman as verduras, xa que fan falta para o concurso que se fai todos os anos. Wallace inventou unha máquina para cazar máis rápido os coellos; pero algo saiu mal xa que a máquina creou un coello que, cando sae a lúa chea, convírtese nun coello xigante que come toda a verdura . Gromit dáse conta de algo terrible....
A película, con personaxes e escenarios feitos de plastilina, de xeito artesanal, conta unha historia de humor e intriga, que rende homenaxe a clásicos do terror como King Kong, Frankenstein ou o Home Lobo. Ademais, amosa a vida nunha viliña inglesa, onde aparecen personaxes característicos como lady Tottington, a rica propietaria dunha mansión típica dese país; ademais, os dous protagonistas, Wallace, o inventor chiflado amante do queixo e o seu fiel can Gromit, o heroi da historia ... A película gustoume porque describe unha vida que me recordou á miña infancia.
Manuel Viñas Silva, 3º ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario