luns, 4 de abril de 2016

Un filme cada semana...ou cada mes...."The artist"




Un filme cada semana...ou cada mes...  The artist

   Trátase dunha película que, aínda que é de  2012, transcorre entre os anos 1927-32, rodada en branco e negro e sen voz, como as películas daquela época. Os protagonistas son George Valentine, un actor de cine mudo con problemas para aceptar a transformación a sonoro, e Peppy Miller, unha estrela  que nace á vez que a de Valentine se apaga...a partir de aquí ocorren moitas cousas, apaixonantes e inimaxinables que nos fan preguntarnos...como acabará a película?
 A película, que gañou varios Óscars, ten unhas interpretacións moi boas, incluíndo a do canciño que acompaña a Valentine ao longo de todas as escenas, así como unha fotografía e  unha banda sonora moi conseguidas ...realmente parece un filme antigo. O vestiario é tamén moi bon.
  Gustoume, primeiro porque ,apesar de ser muda e en branco e negro, nada habitual para min, conseguiu atraparme...Ademais, deixa algunha moralexa, como que non hai que ser excesivamnte orgulloso, hai que saber adaptarse aos cambios e o que importa é ser boa persoa. Recoméndoa.
                                                                                                   Marta Pérez Pose, 3º  ESO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario