Esta película documental, baseada no cómic autobiográfico de Miguel Gallardo, trata dunha nena, a filla do autor, que sofre autismo, e amósanos a vida da familia e de María, a nena. Vese que os pais teñen paciencia e toman o problema con certo humor. Presenta algúns comportamentos enigmáticos, como romper papeliños e deixalos caer preto dos seus ollos e xogar coa area da praia deixándoa caer diante tamén dos ollos...
A película gustoume; paréceme que terían que facerse máis películas coma esta para que a xente aprenda a tratar correctamente ás persoas con problemas ou discapacidades. Aprendín que a vida das persoas con problemas e as súas familias non sempre é fácil pero que hai que aceptalos e tratalos ben. Transmíteme pena e cariño...este tipo de situacións é unha das cousas que me transmiten máis emocións.
Alejandro Cabana, 3º ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario