Un libro cada semana...ou cada mes... O corredor do labirinto
Thomas está atrapado nunha caixa que se move. Séntese confundido, non recorda nada anterior...entón, a caixa para e ábrese; moitos rapaces lle axudan a saír e encóntrase nun claro, rodeado por grandes muros.
No claro fai amigos, como Chuck e Newt, pero tamén inimigos, como Gally, que pasou polo "cambio" e sospeita del...as súas sospeitas aumentan cando Thomas chega vivo do labirinto tras pasar una noite perseguido polos laceradores, uns mutantes letais.
Todo cambia cando una rapaza chega ao claro cunha mensaxe que cambiará as regras do xogo. Teresa e Thomas son diferentes aos demais clarianos, así que algúns lles fan caso e deixan o claro para buscar a saída e outros prefiren enfrontarse a unha morte segura.
Este libro de James Dashner gustoume moitísimo porque se asemella moito ao mito grego do minotauro, pero cun toque futurista que o fai máis interesante.
É un libro que fai sentir clustrofobia xa que acontece nun lugar relativamente pequeño. Os personaxes están ben caracterizados e fan que sintas as súas emocións.
Alicia Cabana. 4º ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario