Esta película está feita a partir da primeira de "Superman". Tras a pelexa de Superman e Tod e a destrución de grande parte da cidade, Batman vese obrigado a pararlle os pés para evitar tanta morte, debido á destrución de edificios por Superman...
O filme gustoume bastante, porque, aínda sendo una película de superheroes coma calquera outra, atopei algo distinto: en todas estas películas soe haber una pelexa ao principio, outra no medio e outra ao final...nesta, pode dicirse que só hai pelexa ao final e o resto da película dedícase a contarnos sucesos, presentarnos aos personaxes e revelarnos o plan de cada un.
Ambos os dous protagonistas "dan o pego", referíndome esencialmente á forma física; canto ás interpretacións, a de Ben Affleck gustoume moito.
Julio Casal, 4º ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario